Por Europa Press / Redacción | VIGO | 26/09/2025 | Actualizada ás 16:25
Gardacostas comisou preto de 200 quilos de polbo na última semana da Guarda, con máis de 2.250 botes irregulares intervidos. O servizo autonómico de Gardacostas, dependente da Consellería do Mar, tivo que mobilizar catro embarcacións: Mar de Galicia, Punta Roncadoira, Valentín Paz de Andrade e Irmáns García Nodal.
Este tipo de nasas ilegais non está identificadas, polo que dificulta o labor dos axentes para identificar aos presuntos infractores. Destaca que en moitas ocasións no interior hai femias custodiando as ovas polo que se pon en risco o ciclo reprodutivo e de conservación desta especie. A Consellería do Mar subliña que estas prácticas supoñen unha "competencia desleal" para o sector que captura polbos no marco do correspondente plan de xestión e pon en risco a conservación desta especie.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.