Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/10/2025 | Actualizada ás 12:42
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, censurou a "bochornosa" moción de censura de Ribeira, coa que o PP demostra, ao seu xuízo, o "nerviosismo" respecto da evolución electoral dos nacionalistas.
Unha moción da que, ademais, criticou que "se fixo con presións" e "manobras escuras" e "pon de manifesto o nerviosismo dun PP que quere facerse co poder sen ter en conta a máis mínima ética" nin aos veciños.
"Hoxe bochornosamente triunfará pero os veciños de Ribeira en 2027 porán no seu lugar e estou convencida de que o próximo alcalde será Luís Pérez", remarcou, en rolda de prensa despois de reunirse con representantes da Fegamp (federación galega de municipios e provincias).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.