O PSdeG levará ao Parlamento unha batería de medidas para crear unha unidade integral de ictus en Ourense

"Rueda segue dando as costas a Ourense nun tema tan crucial como unha unidade integral de ictus na provincia máis envellecida de Galicia", reprochou a deputada parlamentaria do PSdeG e vicesecretaria xeral da executiva provincial socialista, Carmen Rodríguez Dacosta.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 13/10/2025 | Actualizada ás 15:39

Comparte esta noticia

O PSdeG levará a Parlamento unha batería de medidas para crear unha unidade integral de ictus no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), ao tratarse dunha das provincias "máis envellecidas de Galicia e de España". Así o trasladaron a deputada parlamentaria do PSdeG e vicesecretaria xeral da executiva provincial socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, e a portavoz municipal socialista no Concello de Ourense, Natalia Beneitez, nunha rolda de prensa celebrada este luns na sede provincial do PSdeG en Ourense.

Segundo explicou Carmen Rodríguez, o Grupo Parlamentario Socialista xa presentara esta iniciativa en Parlamento no ano 2022, co voto favorable de "todos os grupos, incluído o PP", pero "a responsabilidade de cumprir os acordos por parte do goberno autonómico é cero". "Rueda segue dando as costas a Ourense nun tema tan crucial como unha unidade integral de ictus na provincia máis envellecida de Galicia", reprochou Rodríguez.

Nesta liña, os socialistas pediron incluír nos orzamentos autonómicos "toda a dotación" necesaria para "espazos, profesionais e material" que "teñen que formar parte da unidade", e avanzaron que "se o PP non recolle economicamente esta demanda" nos próximos orzamentos, impulsarán unha emenda para que a iniciativa "se traduza por fin nunha realidade".

Rolda de prensa do PSdeG na sede provincial de Ourense, persidida pola portavoz socialista no Concello de Ourense, Natalia Beneitez, e a vicesecretaria xeral da executiva provincial socialista, Carmen Rodríguez
Rolda de prensa do PSdeG na sede provincial de Ourense, persidida pola portavoz socialista no Concello de Ourense, Natalia Beneitez, e a vicesecretaria xeral da executiva provincial socialista, Carmen Rodríguez | Fonte: EUROPAPRESS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta