Galicia, país dos mil ríos, ten pouca reserva de auga

A conca de Galicia Costa está por baixo da metade da súa capacidade, ao 42,4%, e Miño Sil ao 59,9%.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 14/10/2025 | Actualizada ás 19:33

Comparte esta noticia

A reserva hídrica almacena 29.745 hectómetros cúbicos (hm3) e están ao 53,1% da súa capacidade, segundo datos do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) consultados por Europa Press. Isto supón 595 hm3 menos que a semana pasada, ou o que é o mesmo, o 1,1% da capacidade total dos encoros.

No caso galego, Galicia Costa atópase por baixo da metade da súa capacidade e da media estatal, ao 42,4%, mentres que a conca de Miño Sil está ao 59,9%. En comparación, os encoros están 5,7 puntos por arriba que o ano pasado por estas datas, cando almacenaban 26.608 hm3. Neste marco, o Segura segue sendo a conca que almacena menos auga e está ao 17% da súa capacidade.

Mapa co estado dos encoros en España.. Europa Press
Mapa co estado dos encoros en España.. Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Dompimpom

Úsanse as hidroeléctricas para dar inercia a rede eléctrica, e Pedro pechando nucleares