Pesar na Asociación de Xornalistas de Santiago pola morte do xornalista José Manuel Orriols

Formado en delineación industrial e enxeñaría técnica, traballou na antiga Astano e posteriormente licenciouse en Xornalismo pola Universidade Complutense.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2025 | Actualizada ás 19:21

Comparte esta noticia



A Asociación de Xornalistas de Santiago de Compostela lamentou o falecemento do xornalista e socio da entidade José Manuel Orriols.

Nun comunicado, a asociación afirmou que José Manuel Orriols era un "viaxeiro incansable, amante da riqueza gastronómica e enolóxica de Galicia, gran conversador e apaixonado do contacto coa xente". "Orriols pasa a ser un referente dun xornalismo pegado á vida cotiá", recala a Asociación.

A morte de Orriols sorprendeu " tristemente a comunidade xornalística", en particular, a "as compañeiras e compañeiros da Asociación de Xornalistas de Santiago de Compostela, da que era un dos seus membros máis veteranos".

Natural e residente en Neda, Orriols desenvolveu unha prolífica carreira no ámbito da comunicación. Formado en delineación industrial e enxeñaría técnica, traballou na antiga Astano e posteriormente licenciouse en Xornalismo pola Universidade Complutense.

A Asociación de Xornalistas de Santiago lamenta o falecemento do xornalista Xosé Manuel Orriols Núñez.. ASOCIACIÓN DE XORNALISTAS DE SANTIAGO
A Asociación de Xornalistas de Santiago lamenta o falecemento do xornalista Xosé Manuel Orriols Núñez.. ASOCIACIÓN DE XORNALISTAS DE SANTIAGO | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta