Científicos de Vigo e Boston obteñen imaxes únicas a grande escala de glóbulos vermellos

Un programa de simulación electromagnética abre a porta á observación en tempo real de tecidos e células.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 07/07/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O que se confirmou como un programa aplicable para a detección en aeroportos de explosivos, armas ou drogas camufladas, “decatámonos que se podía aplicar tamén ao mundo microscópico para obter imaxes de membranas celulares”, explica Hipólito Gómez, investigador de posdoutoramento na Northeastern University de Boston, tras obter recentemente o título de doutor en Vigo. Gómez, xunto aos docentes e investigadores da institución académica viguesa Óscar Rubiños e da Northeastern University José Ángel Martínez, respectivamente, traballa desde hai anos, como parte da súa tese, que presentou hai uns meses, no desenvolvemento dun programa para a simulación computacional de ondas electromagnéticas.

Imaxe a grande escala de glóbulos vermellos, conseguida por investigadores de Vigo e Boston
Imaxe a grande escala de glóbulos vermellos, conseguida por investigadores de Vigo e Boston | Fonte: DUVI.

“A idea orixinal para a tese era aplicar este programa só a aplicacións de seguridade en aeroportos baseadas en compressive sensing, que é unha técnica matemática que permite obter imaxes detalladas realizando poucas medidas electromagnéticas. Non obstante, tras rematar de escribir o código do programa de simulación decatámonos de que o mesmo concepto que podíamos aplicar no mundo macroscópico, para detectar drogas ou explosivos agochados, podíase aplicar no mundo microscópico para obter imaxes de membranas celulares”, explica Gómez en declaracións recollidas por Mª del Carmen Echevarría no DUVI. 

Antes de rematar a súa tese, Hipólito Gómez, xunto a Martínez e Rubiños, elaborou un artigo no que se sintetizaban as ideas e resultados de simulacións realizadas os meses anteriores e no que se plasmaba a idea de acadar imaxes en vivo a frecuencias ópticas, usando a idea de compressive nano-antenna, que potencialmente podería ser incorporada nun nano robot. Así naceu Hematologic Characterization and 3D Imaging of Red Blood Cells using a Compressive Nano-Antenna and ML-FMA Modeling, un traballo que obtivo, entre máis de 1.200 propostas aspirantes, o premio Best Antenna Desing and Applications Award na Conferencia Europea de Antenas e Propagación, EuCAP’16, a cita anual máis importante de Europa e unha das máis destacadas do mundo sobre aplicacións xerais de radiocomunicación e enxeñaría electromagnética.

“Neste traballo propóñense innovadoras técnicas baseadas en simulacións de mostras reais de sangue, a diferenza das publicacións previas sobre o tema nas que unicamente se simularon glóbulos illados, un por un, pero nunca mostras completas. Este importante avance cuantitativo foi posible como resultado dun meticuloso proceso de desenvolvemento ao longo de catro anos dun potente código de electromagnetismo computacional, que permite abordar a simulación de mostras reais de gran tamaño”, explican os investigadores, que sinalan que este código inclúe varias técnicas de simulación inéditas, recentemente publicadas en dous artigos na prestixiosa revista internacional Journal of Electromagnetic Waves and Applications.

APLICACIÓNS

Adicionalmente, segundo explica Hipólito Gómez, o aspecto máis innovador do traballo gañador consiste na simulación da compressive nano-antenna, varias antenas metálicas do tamaño do grosor duna cabelo humano, pero co mesmo aspecto dunha antena de televisión, axeitadamente colocadas no interior dunha peza de cristal con superficie rugosa. As antenas, xunto coa peza de cristal forman unha estrutura maior, emisora e receptora de luz, chamada compressive nano-antenna, que permite realizar imaging de glóbulos vermellos, é dicir, obter imaxes a gran escala das células reais mediante unhas poucas medidas sinxelas combinadas coas fórmulas matemáticas axeitadas.

“A diferenza de propostas previas doutras investigacións, a técnica de imaging introducida no noso traballo non require utilizar nas montaxes experimentais lentes nin outros dispositivos pesados e voluminosos, como cámaras. Esta vantaxe abre a porta á adquisición in vivo de imaxes en tempo real, mediante pequenos robots inxectados ou cosidos no interior do corpo humano”, explica o investigador, que se amosa convencido de que cando a tecnoloxía de fabricación estea plenamente desenvolvida, este tipo de robots non só permitirán unha observación en tempo real de tecidos e células biolóxicas, senón que tamén xogarán un papel crucial na localización e tratamento de células cancerosas dentro do corpo humano.

As técnicas propostas polos investigadores da Universidade de Vigo integrados en AtlantTIC e da Northeastern University, parten da evidencia de que os glóbulos vermellos son dispersores naturais de luz, de xeito que ao seren iluminados, prodúcese un cambio na intensidade da luz rebotada nas membranas celulares. A medición destas alteracións na intensidade luminosa permite diagnosticar numerosos trastornos sanguíneos (unha membrana de maior tamaño que o habitual, macrocitose, pode indicar leucemia e unha membrana anormalmente alongada é un indicativo dun tipo de anemia).

Desde hai anos diferentes grupos de investigación propuxeron varias técnicas para a diagnose de glóbulos vermellos, baseadas en simulacións computacionais, o denominado electromagnetismo computacional, que permite obter unha estimación moi precisa do comportamento das ondas electromagnéticas en xeral e da luz en particular.

“O propósito destes recentes esforzos de investigación consiste en deseñar técnicas e instrumental que superen, en termos de precisión, fiabilidade e tempo, ás técnicas clásicas en citometría de fluxo para a identificación e clasificación de glóbulos vermellos”, explica Hipólito Gómez, que lembra, que a aplicación dun microscopio electrónico á observación de células sanguíneas presenta varias desvantaxes que o electromagnetismo busca mitigar como o tamaño, o mantemento, formación do operador e erros nas imaxes provocados por unha incorrecta preparación da mostra sanguínea, informa Mª del Carmen Echevarría.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 46 comentarios

31 Verocis

Para facer un favor ao PP o CIS rebaixou os resultados relativos deste partido e subiu os do PSOE e Podemos. Un exceso de euforia non interesa. Feijoo vai achegarse ou mesmo superar o 50 por cento de votos e 45 deputados. Mentres, a esquerda en querras cainitas, pelexando por un postiño. Este país non ten arranxo

30 Susavila

Divertimentos meninos, simples jogos para embobar inocentes. O CIS oferece dados quase científicos: 4 de cada 10 galegos conhecem à candidata de Ciudadanos!!! E se perguntam por marcianos 5 de 10???Lembrem, nas últimas autonómicas o CIS oferecia 1 deputado para Age. E La Voz de 2 a 3 também a Age para 2012. Agora bem, o problema real não semelha o CIS, a chatice é a farsa da Maré e o BNG suicida, e do Caballero ridículo nem falar.

29 Steyr

Non entendo eses que levan 30 anos queixándose dos resultados electorais neste país -resultados patéticos, todo hai que dicilo- pero insisten en seguir vivindo nel. O país que queren xa existe en moitos sitios, fóra de España evidentemente, polo que non paga a pena seguir nun lugar que só destaca en emprego precario e salarios baixos, corrupción, enchufismo... Deixádelle de pagar as pensións aos que van votar coa papeleta na boca e non perdades máis o tempo, que non lle debedes nada a ninguén.

28 Hector Sánchez

QUÉ VALOR PODE TER O SONDEO DO CIS FEITO SÓ A 3.454 GALEG@S Sempre lembro isto: Nas Eleccións do 20 D, aTVE e as Teles Autonómicas fixeron un sondeo a pé de urna a 177.000 persoas que votaron, e a 133.000 persoas que votaron, e non acertaron nen unha. Neste sondeo, A INTENCIÓN DIRECTA DE VOTO é: PP 30,2%; EN MAREA 16,9; PSdG 11,7; BNG 4,3%; Cs 2,2; Outro partido 0,8%; Nengún 4,4%; Non sabe 17,5%; Non contesta 5,8% Sobre SE TEN DECIDIDO O VOTO, dí que SI o 63,5%; NON o 35,8%. Despois ven a famosa "cociña" do CIS no que pón :"VOTO +SIMPATÍA; e acaba a "cociña" na cal a ESTIMACIÓN DE VOTO -EV- está lonxe da INTENCION DIRECTA DE VOTO -IDV- o que inflúe moito no número de Deputad@s -D- PP: IDV 30,2; EV 44,9; D 40-41 EN MAREA: IDV 16,9; EV 19,9; D 16 PSdG: IDV 11,7; EV 19,9; D 15-17 BNG: IDV 4,3; EV 5,3; D 2 Cs: IDV 2,2; EV 4,6; D 0-1 Se os sondeos a pé de urna feito a millares de persoas que votaron, fallaron. QUÉ VALOR TEN UN SONDEO FEITO A 3.454 PERSOAS?

27 Shin Chan

PP 39 En Marea 21 PSOE 14 BNG 1 (por Pontevedra, eh!)