PONTEVEDRA | 07/07/2016 | Actualizada ás 15:50 por EUROPA PRESS
Mercadona abre este xoves un novo establecemento en Tui (Pontevedra), situado na Estrada de Anta, tras realizar unha inversión de 2,6 millóns de euros. Este novo supermercado conta cun equipo de 35 traballadores con emprego "estable e de calidade", segundo resalta a compañía nun comunicado.
O centro conta cunha superficie de sala de vendas de 1.740,18 metros cadrados, onde se sitúan todas as seccións habituais de Mercadona e renovadas seccións de produtos frescos como a de peixaría, que inclúe peixe directo de lonxa, a de forno a granel, e a sección de froita e verdura, que aposta polos produtos de proximidade.
Na construción da tenda participaron unha media de 28 provedores, que deron emprego a máis de 40 persoas durante a fase de obra. O horario de apertura do supermercado é de luns a sábado, de 9,00 a 21,30 e dispón dun aparcamento de 202 prazas.
Ademais, Mercadona habilitou o seu servizo a domicilio e a compra online a través da páxina web www.mercadona.es. Ademais, a empresa destaca o carácter ecoeficiente do supermercado, que incorpora un conxunto de medidas (como recuperadores de calor, iluminación máis eficiente, temporizadores e portas automáticas) que reducen ata un 20% o consumo enerxético.