16 dos 87 locais nocturnos rexistrados por fraude fiscal están en Galicia

A galega é a autonomía máis afectada pola maior operación antifraude contra o sector do ocio nocturno en España, xunto coa Comunidade Valenciana e Cataluña.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 09/07/2016 | Actualizada ás 10:19

Comparte esta noticia

Galicia é, canda a Comunidade Valenciana e Cataluña, a autonomía máis afectada pola maior operación en España contra o fraude fiscal e a economía somerxida no sector do ocio nocturno. A Agencia Tributaria interviu este venres 87 pubs e discotecas en once comunidades autónomas na chamada operación 'Chopin'.

Discoteca Space, en Ibiza
Discoteca Space, en Ibiza | Fonte: Malagalabombonera en Wikimedia.

Medio milleiro de axentes participaron nesta macrooperación contra 110 sociedades e 87 locais de ocio nocturno, iniciada na madrugada deste venres e na que se acharon ata cinco millóns de euros en diñeiro en efectivo sen declarar e caixas rexistradoras e ordenadores trucados con programas informáticos de dobre uso para levar unha contabilidade 'b'.

A comunidade máis afectada e a valenciana, con 20 locais rexistrados, seguida por Galicia e Cataluña, con 16 intervencións en cada unha. Tamén houbo rexistros en Andalucía (10), Madrid (7), Aragón (4), Baleares (4), Canarias (4), Castela e León (3), Estremadura (2) e Asturias (1). 

Polo momento non transcendeu o nome de ningún dos locais rexistrados en Galicia. Segundo o xornal La Voz, a maior parte deles estarían en Sanxenxo e na zona da Coruña. O que si transcendeu é que se trata dunha operación contra algúns dos maiores locais de ocio nocturno en todo o Estado. De feito, as 110 sociedades propietarias destes pubs e discotecas manexan o 20% da facturación deste sector en España. Nomes que si se fixeron públicos son os de coñecidas discotecas de Ibiza e Madrid como Space, Privilege e Joy Eslava.

A operación púxose en marcha en plena campaña alta para a maioría destes locais —case todos situados en zonas de costa—, tras varios meses de investigación, ao detectarse un volume de cobros con tarxetas "anormalmente alto" por parte das sociedades investigadas, que nalgúns casos era ata un 76% por enriba do habitual.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta