SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/07/2016 | Actualizada ás 13:34 por EUROPA PRESS
A Consellería do Medio Rural informou de que os dous incendios que permanecían estabilizados na parroquia de Baredo, en Baiona, están controlados dende as 12,04 horas deste domingo.
A superficie afectada destes lumes, iniciados ás 1,03 horas da madrugada, é dunhas 10 hectáreas, segundo as primeiras estimacións provisionais. En tarefas de extinción participan cinco axentes forestais, nove motobombas, sete brigadas e un avión.
Ademais, continúa controlado dende as 8,28 horas un terceiro incendio rexistrado nesta mesma parroquia, que afectou a unhas 19,5 hectáreas. No seu control traballaron tres axentes forestais, cinco brigadas e seis motobombas.
A superficie total afectada por estes tres incendios sitúase nas 30 hectáreas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.