As Xuventudes Socialistas de Galicia lamentan a resolución xudicial sobre os insultos machistas a Carmela Silva

O secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG), Aitor Bouza, lamentou este sábado a resolución xudicial no caso contra o exconcelleiro do PP en Moraña (Pontevedra) por chamar "mala raposa" á presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e sinalou que está a ser "cómplice de machismo".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/07/2016 | Actualizada ás 18:33 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG), Aitor Bouza, lamentou este sábado a resolución xudicial no caso contra o exconcelleiro do PP en Moraña (Pontevedra) por chamar "mala raposa" á presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e sinalou que está a ser "cómplice de machismo".

A Xustiza arquivou este xoves a denuncia contra o exconcelleiro do PP en Moraña e exresponsable de Igualdade municipal, Jorge Caldas, polos insultos machistas que proferiu contra Carmela Silva, xa que considera que o feito de que o exedil chamase "mala raposa" á socialista se inclúe dentro da "liberdade de expresión".

A este respecto, o secretario xeral e a coordinadora provincial das XSG, Silvia Neira, manifestaron o seu descontento pola "vitoria legal ao machismo nun caso repugnante". Ademais, sinalaron que non pode quedar impugne "se queremos vivir nunha sociedade decente que respecta e iguala as mulleres".

Aitor Bouza asegurou que os insultos proferidos representan un trato "degradante", penado claramente pola Carta Magna e calquera convención sobre os dereitos humanos, polo que reprochou que o PP xustifique estas condutas "completamente machistas" baseándose na liberdade de opinión.

MANIFESTAR "A REPULSIÓN"

Por este motivo, a organización sinalou que non vai quedar calada, e vai empregar a liberdade de expresión para manifestar, dende o respecto ao poder xudicial, a súa repulsión a unha conduta coa que "nunca estarán de acordo".

Así mesmo, o secretario xeral engadiu que nunha democracia avanzada e nunha sociedade respectuosa na que se fomenta a igualdade, estas condutas "non se "poden tolerar".

Bouza achacou ao Partido Popular non expulsar "de inmediato" a Jorge Caldas no seu momento do seu cargo, para evitar deste modo recorrer á Xustiza.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta