Documento.- Críticas a Beiras pola presenza de Lidia Senra na súa lista

GC ven de recibir un correo confidencial dunha persoa que asina cun "unha aperta irmandiña" e que critica a presencia de Lidia Senra na lista do Encontro Irmandiño. Aporta documentación na que relaciona a esta sindicalista cun despedimento nulo ...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 08/05/2009 | Actualizada ás 13:17

Comparte esta noticia

Non debemos esquecer que Rajoy ven de botar fora da lista das europeas a Galeote. E Zapatero ven de facer o mesmo coa ex-alcaldesa de Elche. Pois ben, Beiras debe facer o propio con Lidia Senra no que atinxe á súa lista ó Consello Nacional.

Evidentemente Beiras é ceibe de facer que lle pete (coma decote fia). Mais tamén debe ser consciente de que a presenza de lidia Senra contaminará perante moito tempo a Beiras e aos seus...

Neste inte Beiras fica emprazado cun imperativo moral. Ou pide a dimisión de Lidia Senra ou ampara e dá carta de natureza aos seus comportamentos, converténdose, pois que logo, en cómplice ou alomenos en encubridor dos mesmos.

Unha aperta irmandiña". Podes ver todo o documento e os informes da Inspección de Traballo abaixo.

Nos últimos días foron varios os dirixentes do SLG militantes da UPG que amosaron o seu rexeitamento a un posible pacto co Encontro Irmandiño se mantén a Lidia Senra na súa lista e, especialmente, se a presenta para a Executiva. Sen embargo, a dirección deste partido xa deixou claro que un pacto non se rompe por persoas xa que un dos argumentos utilizados nas negociacións co Encontro Irmandiño foi, precisamente, que non haxa vetos a "ninguén".

denuncia-slg.pdf

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 74 comentarios

29 airadasenra

Isto soa a axuste de contas.

As sentenzas son un barullo.

E na rescisión do contrato non lles falta razón... a min tampouco me gostaría ter o "enemigo" na casa.

As sentenzas, por certo, están en castelán ¿?¿?¿?¿

28 Salnés

Soñei que volvía Beiras, soñei que volvía Lidia e Guillerme e Olaia; pero era un sono.Espertei e comezou o pesadelo: alá seguía Aymerich,Ana Pontón e Quin.Adiós benegá...RIP

27 anónimo

Os da upg son uns corruptos e uns chorizos. Todo isto aquí no GC é deles aínda que se disfracen de outra cousa. Son eles con difrentes noes os que escriben. Beiras e Lidia non se adican a montar empresas. Nin a montar sindicatos paralelos cando perden como fn os upegallos. Cando alguén o intentou chamaronlles traidores. Cando o fan eles todo é estupendo. Esa é averdadeira mafia do BNG ¡disfrazados de comunistas!!. Cada día están máis desenmascarados e máis que o estarán.
Si un tivera tempo e ganas podería escribir unha lista infinita de defenestracións e de deixar a xente que non lles entra polo aro no ostracismo. Lidia valeulles mentres segueu as súas orde. Cand se volveu rebelde a machacan de maeira inmisiricorde, igualiño que fan os fascistas....

26 anónimo

Si, a verdade é que estades a dar un exemplo de carallo, estades facendo bó a Baltar. Eu son de esquerdas, pero ao BNG xa dixen que non o voltaba a votar, fan o mesmo que o PP con Castrillos, Lobeiras e demáis tropa que vive como dios sin dar pau a auga.

25 Viva el PP

Me encanta que los Bloque se vena sometidos a estas contradicciones. Tanto tiempo dándonos lecciones de moral a los demás y ahora resulta que el bueno del Beiras lleva a una "delincuente laboral" en un puesto destacado.