Documento.- Críticas a Beiras pola presenza de Lidia Senra na súa lista

GC ven de recibir un correo confidencial dunha persoa que asina cun "unha aperta irmandiña" e que critica a presencia de Lidia Senra na lista do Encontro Irmandiño. Aporta documentación na que relaciona a esta sindicalista cun despedimento nulo ...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 08/05/2009 | Actualizada ás 13:17

Comparte esta noticia

Non debemos esquecer que Rajoy ven de botar fora da lista das europeas a Galeote. E Zapatero ven de facer o mesmo coa ex-alcaldesa de Elche. Pois ben, Beiras debe facer o propio con Lidia Senra no que atinxe á súa lista ó Consello Nacional.

Evidentemente Beiras é ceibe de facer que lle pete (coma decote fia). Mais tamén debe ser consciente de que a presenza de lidia Senra contaminará perante moito tempo a Beiras e aos seus...

Neste inte Beiras fica emprazado cun imperativo moral. Ou pide a dimisión de Lidia Senra ou ampara e dá carta de natureza aos seus comportamentos, converténdose, pois que logo, en cómplice ou alomenos en encubridor dos mesmos.

Unha aperta irmandiña". Podes ver todo o documento e os informes da Inspección de Traballo abaixo.

Nos últimos días foron varios os dirixentes do SLG militantes da UPG que amosaron o seu rexeitamento a un posible pacto co Encontro Irmandiño se mantén a Lidia Senra na súa lista e, especialmente, se a presenta para a Executiva. Sen embargo, a dirección deste partido xa deixou claro que un pacto non se rompe por persoas xa que un dos argumentos utilizados nas negociacións co Encontro Irmandiño foi, precisamente, que non haxa vetos a "ninguén".

denuncia-slg.pdf

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 74 comentarios

19 Arrecarallo

No BNG fai falla unha rexeneración democrática.

Lidia Senra non é o instrumento aquelado para conseguila. Máis ben é un claro impedimento.

Non tanto polas fobias que xera. Pois todos teñen que tragar con todos, e fobias hainas en todolos lados. Se non porque é inaceptable nunha organización democrática, de esquerdas, e feminista, facer que Lidia Senra fixo.

É peor que o do yate de Quin.

Nós temos que dar exemplo a sociedade, e con Lidia damos un exemplo de carallo.

Non entendo como Beiras poido incurrir nun erro estratéxico como este.

18 Carlos

Yo soy de izquierdas; a veces voto al PSOE, a veces a Izquierda Unida y otras al Bloque (y conste que soy de Extremadura, pero vivo en Galicia desde hace 15 años).

Nunca al PP, porque es el partido de la derechona.

Pues bien, si Beiras (que a mi me caía bien hasta ahora) lleva en su lista a quien ha hecho lo que dicen los documentos (y estos no mienten) creo que se equivoca y pierde ese aura de dignidad izquierdista y utópica capaz de seducir hasta a un extremeño.

Lo de la tal Lidia y su sindicato es impresentable. Deberían denunciarlo ante el Ministerio de Igualdad por si es delito o algo así.

17 Xurxo

Se o BNG quere cambiar, se o BNG quere volver ó rego, teñen que cambiar algunhas cousas; unha das máis importantes é o sentimento de irmandade (algo que está no nome do colectivo de Beiras).

Para iso, obviamente, non pode promocionarse a persoas coma Lidia Senra que fixeron o que fixeron.

Xa non se trata de rumoroloxía upegalla barata (que a hai). Estamos diante duns datos contrastados documentalmente e que fan de Lidia Senra unha persoa non apta para formar parte dos órganos de dirección do BNG.

E se Beiras porfía en mantela, somos moitos os que nos sentiremos profundamente desengañados co vello. Unha cousa é votar por el ou non; e outra ben diferente o cariño e respeto que moitos lle gardamos.

Pero este cariño é incompatible con comportamentos coma os acreditados por Lidia Senra.

Se Quintana a cagou, con perdón, polos bailes cos vellos e a foto no iate, Beiras pode ficar estreñido d epor vida, novamente perdón pola expresión, se non se distancia de Lidia Senra.

É a miña opinión, e non son da UPG, nin de Lidia, nin me paga a CIG ou SLG. Simplemente sei ler, e teño miolos abondo para entender o que afirman a Inspección de Traballo e os Tribunais. E non digamos xa o patético burofax remitido polo SLG despedindo a unha muller por estar casada cun home. ¡Manda carallo!

16 Pepe

¡Por favor! ¡Por favor! ¡Por favor! Tende algo de decencia. Eu paso de todos, pero a documentación colgada nesta páxina é elocuente. Lidia Senra ten ó persoal en situación manifestamente ilegal, mediante empresas ficticias creadas con tal fin; a Inspección de Traballo mételle un puro ó SLG por tal motivo; o SLG o que fai é despedir ó traballador que reclamaba os seus dereitos; o Xulgado dalle a razón; e vai o SLG e despide a muller do avogado da CIG.

Iso está acreditado cos documentos colgados nesta páxina. Todo o demais pode ser certo ou pode ser falso. Pero non se pode defender o comportamento de Lidia Senra.

Évos un comportamente neoliberal e machista como a copa dun pino. E se a UPG e moi mala, moi mala, moi mala, pois serao, non vou eu a defendela, que abofé que ten moito do que se arrepentir.

Pero Lidia Senra segue sendo unha impresentable. Enténdase ben a verba empregada: "impresentable" é a aquel que non debe ser presentado, por exemplo, como candidato ó Consello Nacional do BNG.

Beiras con isto queda moi mal, Parece un pliticastro calquera, como Rajoy cando defende a Camps. Pero ollo, Rajoy non lle permitiu ir a Galeote na lista ás europeas, como moi ben di a noticia. Pero Beiras si leva a Lidia Senra de cuarta.

Síntoo moito; a UPG é moi mala, moi mala, moi mala, ¡dacordo!, pero Beiras perde toda credibilidade levando de número catro a Lidia Senra.

15 galego

Se quere a UPG xogar a isto é doado, que vaia unha inspección laboral á cig e vexamos como contrata a upg á xente (maioritariamente xente de confianza deles) e cal son as funcións reais deses traballadores.

O que fai a cig co seu persoal laboral faino un empresario do país e préndenlle lume á empresa