Documento.- Críticas a Beiras pola presenza de Lidia Senra na súa lista

GC ven de recibir un correo confidencial dunha persoa que asina cun "unha aperta irmandiña" e que critica a presencia de Lidia Senra na lista do Encontro Irmandiño. Aporta documentación na que relaciona a esta sindicalista cun despedimento nulo ...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 08/05/2009 | Actualizada ás 13:17

Comparte esta noticia

Non debemos esquecer que Rajoy ven de botar fora da lista das europeas a Galeote. E Zapatero ven de facer o mesmo coa ex-alcaldesa de Elche. Pois ben, Beiras debe facer o propio con Lidia Senra no que atinxe á súa lista ó Consello Nacional.

Evidentemente Beiras é ceibe de facer que lle pete (coma decote fia). Mais tamén debe ser consciente de que a presenza de lidia Senra contaminará perante moito tempo a Beiras e aos seus...

Neste inte Beiras fica emprazado cun imperativo moral. Ou pide a dimisión de Lidia Senra ou ampara e dá carta de natureza aos seus comportamentos, converténdose, pois que logo, en cómplice ou alomenos en encubridor dos mesmos.

Unha aperta irmandiña". Podes ver todo o documento e os informes da Inspección de Traballo abaixo.

Nos últimos días foron varios os dirixentes do SLG militantes da UPG que amosaron o seu rexeitamento a un posible pacto co Encontro Irmandiño se mantén a Lidia Senra na súa lista e, especialmente, se a presenta para a Executiva. Sen embargo, a dirección deste partido xa deixou claro que un pacto non se rompe por persoas xa que un dos argumentos utilizados nas negociacións co Encontro Irmandiño foi, precisamente, que non haxa vetos a "ninguén".

denuncia-slg.pdf

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 74 comentarios

39 Xandokas

Quen contaminaba á candidatura de Beiras era Camilo Nogueira e Esquerda Nacionalista, .... pero de estes non dixeste nada!.

38 anónimo

Falta o máis grande crápula e vividor: LOIS PÉREZ CASTRILLO

37 Incrédulo

Todos a participar no linchamento de Lidia. Por díscola, desobediente, indisciplinada (palabra moi recurrida na UPG cando alguén discrepa). Seguide así e deixade tranquilos aos vividores e mafiosillos: F. Blanco, Bieito, e demais crápulas que se forran e viven como dios a conta do bng. Estupendo.

36 UPJA

Abondo mangantes hai no BNG non precisan a Julián Muñoz

35 Xornalista

Primeiro.- Omerlin, porque agochas que abondaba con que os casos da CIG os levase outro avogado.

Segundo.- Que é excusa tes para as actas da Inspección de Traballo.

¿É falso que o SLG teña empresas ficticias para ter ós taballadores en siuación ilegal?

Terceiro.- ¿E qué pasa cos despidos?

¿Qué excusa tes para a sentencia que declara a nulidade do despido por vulnerar dereitos fundamentais da persoa?

Cuarto.- Nunha situación así, ¿debe Lidia Senra? ter postosm de responsabilidade no BNG?

Quinto.- Xa postos, ¿por qué non presente Beiras na súa lista a Julián Muñoz, que polo menos é máis simpatico?