Santiago quere que os nenos recuperen os xogos tradicionais galegos

Está aberto a nenos de entre 6 e 12 anos (cun límite de 20 persoas), os cales se deberán inscribir de forma gratuíta cada día laborable de agosto.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/07/2016 | Actualizada ás 16:20

Comparte esta noticia

O programa do Concello de Santiago 'Despois de merendar... a rúa é nosa!' fomentará durante as tardes laborais de agosto "recuperar" as rúas como espazo lúdico para os xogos dos nenos, xa que é "algo que se está a perder".

Presentación do programa de impulso dos xogos tradicionais 'Despois de merendar... a rúa é nosa!' en Santiago
Presentación do programa de impulso dos xogos tradicionais 'Despois de merendar... a rúa é nosa!' en Santiago

Así o explicaron as monitoras de Xandobela Nerea Couselo e Chus Caramés nunha rolda de prensa para presentar esta iniciativa xunto ao alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e á técnica de Lingua Marta Besada, na que se explicou que con estes xogos se apostará tamén por que os nenos se socialicen en galego.

Este programa está aberto a nenos de entre 6 e 12 anos (cun límite de 20 persoas), os cales se deberán inscribir de forma gratuíta cada día laborable de agosto na Praza de Abastos ás 18,30 horas para participar, nunha xornada de xogos que durará dúas horas cada día.

Deste modo, as actividades que lles esperan aos máis pequenos serán xogos tradicionais como as chapas, mentres coñecen diversos lugares ao aire libre da cidade (rúas, prazas e parques), interactuar cos veciños e aprenden vocabulario en galego relacionado co ámbito e a toponimia. Ademais, prevese realizar dúas xornadas especiais con yincanas e retos cara a final do mes.

Ao respecto, Martiño Noriega reflexionou sobre a importancia desta iniciativa nun tempo no que xogar na rúa "xa non forma parte dos hábitos" da maioría dos nenos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

5 Caucho Sino

No entiendo el problema del adoctrinamiento de esta gente pero bueno, algunos descargar megadownloader y cosas de estas pero bueno.

4 Pokemon

Qué manía con intentar adoctrinar a los críos en los colegios. No aprendemos. Hoy en día los críos prefieren juegos tipo Pokemon, y por mucho que los apoucados indepes intenten meterles por los ojos sus comeduras de cabeza, no van a funcionar.

3 Iago Gil

En primer lugar, disculpar por publicar este comentario en Español, en lugar de Gallego. Los niños hoy en día prefieren videojuegos como Fortnite, antes que recuperar los juegos tradicionales de siempre, eso ya no les gusta y menos si se crían con un dispositivo móvil debajo del brazo, hay que ser realistas y no se puede luchar contra la realidad.

2 nostrus

Si con esto se pretende dar a conocer juegos tradicionales que se han perdido, me parece bien, pero siempre desde la libertad de las personas a elejir. Pero me da que lo que pretenden es adoctrinar en la cultura gallega para que la gente se estanque, rechace otros juegos poniendo como excusa la cultura. Asi conocemos campañas dedicadas a rechazar a Papa Noel y promocionar el apalpador alegando que pertenece a nuestra cultura y sin darse cuenta de que la gente practica lo que le gusta y si le gusta algo que no pertenece a nuestra cultura es la gente quien manda y nadie tiene que decirle lo que ha de hacer. Con el intercambio intercultural la socieda avanza porque las culturas se aportan unas a las otras y aquellos enrocados en practicar solo su cultura estan condenados al retraso permanente.

1 Fcku

A ver nostrus, por que non te vas cazar uns pikachus por ai, saes da casa, relacionaste un pouco con persoas de carne e oso, fas algun amigo, se eso e posible e te deixas de tanta autofelacion

2 nostrus

¿E por que en vez de mofarte da miña persona non tratas de rebatirme?, poda que sexa porque che resulte mais dificil

3 Fcku

Foi meter Papa Noel e o Apalpador no teu exquisito fio argumental e deixachesme desarmado. De feito todos os q visitamos, de vez en cando, estes foros aluciamos ca tua sabedoria. Non estamos feitos para tan gran nivel intelectual. E xa sabes os grandes sabios e sabias son uns incomprendidos polos seus coetaneos.

1 Montesío

Xa tardan en atacar aquí os trolls contra estes xogos "independentistas".