Confirman un tunel romano baixo a muralla de Lugo

A delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, confirmou que o túnel descuberto o mes pasado no cubo sexto da muralla de Lugo procede da época "romana".

Por E.P. | LUGO | 05/08/2016 | Actualizada ás 13:55

Comparte esta noticia

A delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, confirmou que o túnel descuberto o mes pasado no cubo sexto da muralla de Lugo procede da época "romana".

Murallas de Lugo
Murallas de Lugo | Fonte: cronicasgallegas.blogspot.com

Ademais, indicou que "se sabe" que "á entrada" dese túnel "había unha curtiduría da que non está clara a data, se é medieval ou do século XVIII". En canto ao desaugadoiro, sinalou que os expertos sospeitan que "poida seguir pola rolda (da muralla), non se sabe se como unha canalización ou como un túnel".

"Vai seguir traballándose para que se poida saber algo máis da nosa historia", confirmou, ao tempo que apuntou que xa se traballa "en apartar unha canalización do concello (de Lugo) que pasaba por alí e que xa se desviou".

Así pois, a Xunta decidiu incrementar o presuposto destinado ao coidado da muralla para "seguir estudando a ver que é ese túnel, qué labor facía".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta