As eleccións tamén afectan á praia fluvial de Lugo

Deputación e Concello de Lugo arremeten contra a Confederación Hidrográfica Miño-Sil por atender antes as peticións do PP que a das institucións da cidade.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 18/08/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A realización dunha praia fluvial de Lugo está a piques de converterse nunha telenovela política tras as diferencias que manteñen distintas institucións, unhas gobernadas polo PPdeG e outras polo PSdeG. Así, o Concello e Deputación de Lugo consideran “unha falta de compromiso, de lealdade institucional e ninguneo” a prontitude coa que a Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) respondeu a un chamamento do PP local para unha posible ubicación dunha zona pública de baño no río Miño.

O río Miño ao seu paso por Lugo
O río Miño ao seu paso por Lugo | Fonte: coaglugo.es

Unha medida que, segundo estas institucións, deixa a expensas as solicitudes presentadas no seu día por ambas entidades despois de quedar descartada a ubicación inical por estar localizada nunha zona protexida pola Rede Natura. Por iso, cualifican de “reacción electoralista” a decisión da  da CHMS de responder en 6 días a un documento presentado polo PP.

O enfado do concello e da deputación agudizouse tras meses agardando por respostas con respecto á praia fluvial por parte do CHMS e logo da presentación de varios informes técnicos. Por iso, consideran que a Confederación Hidrográfica amosa ademais unha desconsideración cos traballadores e traballadoras das institucións, “posto que realizaron un traballo para acreditar ditas solicitudes, que quedaron gardadas nun caixón”. Neste sentido, piden a máxima celeridade á Confederación para desbloquear a creación dunha zona de baño para os lucenses.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta