Os críticos dan a batalla

A Asamblea Comarcal do BNG de Compostela deparou máis dunha sorpresa. Alí estaban todos os que tiñan que estar da Alternativa, o Encontro Irmandiño e o Movemento polas bases, pero faltaron moitos outros militantes; máis de 550 dun censo de 700...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 30/10/2006 | Actualizada ás 10:15

Comparte esta noticia

A intervención de Beiras, a diferencia do que aconteceu no Consello Nacional, foi moi dura, especialmente contra o informe de xestión. Tamén os camilistas e Movemento pola base foron moi críticos coa actual dirección.

Mesmo houbo críticas cruzadas entre os membros da UPG e os do Movemento pola base, antes integrantes nesta formación. O que deparou esta asamblea comarcal é que a U perdeu moito peso orgánico en Compostela tras esta excisión.

Esta reunión deixou claro, tamén, que a Alternativa, o Encontro Irmandiño e as Bases están dacordo na súa oposición as teses da actual dirección e, ademáis, son capaces de movilizar a toda a súa xente. Está por ver se son capaces de presentar lista conxunta e se os quintanistas e a UPG poden contrarestalos cunha movilización semellante na Asamblea Nacional de decembro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 54 comentarios

9 robertinho

Este foro é de película. Yo soy de Lalín y en esta ocasión voy a votar al bloque porque son los que mejor lo están haciendo en la Xunta de Galicia.

8 areimortoreiposto

Eu son de Lalin, e amin o Bloque desta vez Plin. Meu voto para o PSOE. Esto é o que vos levades por facer as cousas mal

7 Chiringuitos Quintana, S.A.

O nombramiento de Castrillo xa o publican hoxe no DOGA, e resulta curioso pois dan explicacións, cousa por certo nunca vista. E dín :
"O Comité Directivo do Consorcio Galego de Servizosde Igualdade e Benestar, en sesión ordinaria que tivo lugar o 2 de outubro de 2006, acordou por unanimidade dos seus membros presentes, que representa o quórum da maioría absoluta dos seus membros, nomear a Lois Pérez Castrillo como xerente do consorcio debido á súa ampla experiencia en xestión municipal, concretada no coñecemento da xestión
e planificación de servizos nas administracións
públicas galegas, así como a súa experiencia profesional acreditada nas relacións coas institucións locais, autonómicas e nacionais".Moi posiblememte a sua primeira reunión oficial sexa con Corina e á Asociación de Promotores e Constructores de Vijo.

6 Chiringuitos Quintana,S.A.

O nombramiento oficial de Castrillo o publican hoxe no DOGA, e resulta curioso pois dan explicacións, cousa por certo nunca vista, e dín:
"O Comité Directivo do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, en sesión ordinaria que tivo lugar o 2 de outubro de 2006, acordou por unanimidade dos seus membros presentes, que representa o quórum da maioría absoluta dos seus membros, nomear a Lois Pérez Castrillo como xerente do consorcio debido á súa ampla experiencia en xestión municipal, concretada no coñecemento da xestión e planificación de servizos nas administracións
públicas galegas, así como a súa experiencia profesional acreditada nas relacións coas institucións locais, autonómicas e nacionais".
Moi posiblemente a sua primeira reunión oficial sexa con Corina e á Asociación de Promotores e Constructores Inmobiliarios de Vijo.

5 Vicentin

o boletin so critica k se formen consorcios externos as consellerias por que supoñen en moitos casos un gasto inxustificados en fución as responsabilidades k teñen...
pero coa lei de dependecia e toda a inversión que se esta facendo en benestar esta máis k xustificada polo traballo k se ven encima