Os críticos dan a batalla

A Asamblea Comarcal do BNG de Compostela deparou máis dunha sorpresa. Alí estaban todos os que tiñan que estar da Alternativa, o Encontro Irmandiño e o Movemento polas bases, pero faltaron moitos outros militantes; máis de 550 dun censo de 700...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 30/10/2006 | Actualizada ás 10:15

Comparte esta noticia

A intervención de Beiras, a diferencia do que aconteceu no Consello Nacional, foi moi dura, especialmente contra o informe de xestión. Tamén os camilistas e Movemento pola base foron moi críticos coa actual dirección.

Mesmo houbo críticas cruzadas entre os membros da UPG e os do Movemento pola base, antes integrantes nesta formación. O que deparou esta asamblea comarcal é que a U perdeu moito peso orgánico en Compostela tras esta excisión.

Esta reunión deixou claro, tamén, que a Alternativa, o Encontro Irmandiño e as Bases están dacordo na súa oposición as teses da actual dirección e, ademáis, son capaces de movilizar a toda a súa xente. Está por ver se son capaces de presentar lista conxunta e se os quintanistas e a UPG poden contrarestalos cunha movilización semellante na Asamblea Nacional de decembro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 54 comentarios

4 Vicentin

o boletin so critica k se formen consorcios externos as consellerias por que supoñen en moitos casos un gasto inxustificados en fución as responsabilidades k teñen...
pero coa lei de dependecia e toda a inversión que se esta facendo en benestar esta máis k xustificada polo traballo k se ven encima

3 rasdg

QUINTANA COLOCA AOS SEUS ASESORES CON CONVOCATORIAS AMAÑADAS

Adivina, adivinanza...quen ten a praza do Consorcio na panza????? De asesor en asesor e tiro porque me toca.
Segundo o último boletín da CIG (sindicato afin ao BNG) a Vicepresidencia "comenza a creación de chiringuitos diversos" e o último "de máis recente creación, chámase Consorico de Benestar Social, ten a sede nun piso de Santiago de Compostela, ten estatutos, pero non aparece publicado no DOG algún, que se saiba".
"Acaba de sacar unha convocatoria de persoal por medio de un anuncio na prensa, para Xerente, Directora de area d Benestar e Administrativos/as, é tal a desfachatez da devandita convocatario, que o xerente xa está no despacho, e todo o mundo sabe xa quen son as persoas seleccionadas para o resto dos postos".
Como todo o mundo sabe para quen son estes postos non deberiamos dicir nada porque xa é sabido, pero por si alguen aínda o dubida, contamos o que vai suceder.
Segundo nos teñen contados, Anxo Quintana, que xa colocou ao ex alcalde nacionalista Lois Pérez Castrillo e ex asesor de Vicepresidencia con soldo millonario como xerente do Consorcio, agora vai a colocar nun posto de relevancia nese mesmo consorcio a outra asesora da Vicepresidencia.
Trátase de Pilar Candocia, que ademáis é concelleira do BNG en Ames ata a pasada semana que dimitiu do seu posto. Tirámonos á piscina pero estamos seguros de que acertaremos porque a convocatoria que sacou Vicepresidencia apesta a amañado.
Noraboa Pilar polo teu máis que posible nomeamento (cando ainda non se resolveu a convocatoria) como Directora de Área de Igualdade do Consorcio.

www.quin2006.com

2 Carlos

Outro sitio de conflicto é Lalím, alí moitísimos están contra o candidato Vilariño pola forma de conqueri-lo seu traballo. Pode que moitos voten o PSOE nas municipais de Maio próximo

1 Julicheiro

Foi unha tarde para o recordo; fixose ata raro ver coma tiñamos incluso máis forza da que nós agardábamos. Ven, isto só foi o comenzo. Por certo, nótase que algúns non están afeitos a perder nunca unha votación, porque houbo quen se puxo moi faltón; un ata nos comparou coa extrema dereita (?). Vamos, que se nós nos puxeramos así cada vez que perdemos xa teríamos queimado os locais do Bloque :)
En fin, ,non sei o que pasará en Decembro, pero gustaríame saber que opinan disto todolos que levan meses dicindo que a Alternativa é un amago.
A nota curiosa púxoa Brenlla, o do PNG, que comenzou votando coa U e os Quintanistas e, cara a metade da Asamblea, comenzou en contra. Non deixa de ser un bó augurio; o PNG sempre vai co gañador ;-)