Os críticos dan a batalla

A Asamblea Comarcal do BNG de Compostela deparou máis dunha sorpresa. Alí estaban todos os que tiñan que estar da Alternativa, o Encontro Irmandiño e o Movemento polas bases, pero faltaron moitos outros militantes; máis de 550 dun censo de 700...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 30/10/2006 | Actualizada ás 10:15

Comparte esta noticia

A intervención de Beiras, a diferencia do que aconteceu no Consello Nacional, foi moi dura, especialmente contra o informe de xestión. Tamén os camilistas e Movemento pola base foron moi críticos coa actual dirección.

Mesmo houbo críticas cruzadas entre os membros da UPG e os do Movemento pola base, antes integrantes nesta formación. O que deparou esta asamblea comarcal é que a U perdeu moito peso orgánico en Compostela tras esta excisión.

Esta reunión deixou claro, tamén, que a Alternativa, o Encontro Irmandiño e as Bases están dacordo na súa oposición as teses da actual dirección e, ademáis, son capaces de movilizar a toda a súa xente. Está por ver se son capaces de presentar lista conxunta e se os quintanistas e a UPG poden contrarestalos cunha movilización semellante na Asamblea Nacional de decembro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 54 comentarios

34 Lugués

A UPG... sempre están unidos e non teñen cuestionamentos internos?

Desculpen, aínda acaban de ter unha considerable escisión en función dos "cuestionamentos internos". Que número fai, a escisión última?

De calquera maneira, todo isto impórtame pouco. Sobran liortas, e a UPG é peza valiosísima do nacionalismo galego. Pero menos prepotencia, por favor.

33 Alarico

Julicheiro: Porquê nom se presentam os demais sós?. Ao fim e ao cabo, na constituçom do Bloque a U.P.G. foi umha das peças fundamentais.

32 asdf

A xente critica por criticar senon non se entende. Imos ver, pero non din que a U xa non e nin nacionalista nin de esquerdas. Eses son o maior argumento dos que van contra Quin. Pero enton como podedes dicir que van a nacionalizar Inditex. Ninguen dos que aki fala (por falar) non da un só argumento convicente contra a U, poñendo por diante que non son perfectos nin moito menos pero si son o mellor que temos.

A U e un partido organizado e con criterio sen persoalismos imprencisdibles. Esta claro que eso molesta xa que sempre estan unidos e teñen un proxecto definido e non hai cuestionamentos internos.
O demais é puro caos:
-Non hai criterio unico.
-Poñense a parir entre eles.
-Non hai programa soamente intereses persoais

son claramente coma o PsoE jajaja so queren coller poder e promocionar, mentres que a U e unha organización disciplinada e a sua militancia é moi participativa.claro todo son envexas

31 asdf

A xente critica por criticar senon non se entende. Imos ver, pero non din que a U xa non e nin nacionalista nin de esquerdas. Eses son o maior argumento dos que van contra Quin. Pero enton como podedes dicir que van a nacionalizar Inditex. Ninguen dos que aki fala (por falar) non da un só argumento convicente contra a U, poñendo por diante que non son perfectos nin moito menos pero si son o mellor que temos.

A U e un partido organizado e con criterio sen persoalismos imprencisdibles. Esta claro que eso molesta xa que sempre estan unidos e teñen un proxecto definido e non hai cuestionamentos internos.
O demais é puro caos:
-Non hai criterio unico.
-Poñense a parir entre eles.
-Non hai programa soamente intereses persoais

son claramente coma o PsoE jajaja so queren coller poder e promocionar, mentres que a U e unha organización disciplinada e a sua militancia e moi participativa.claro todo son envexas

30 Julicheiro

En primeiro lugar, pido desculpas polos comentarios repetidos de antes; pediríalle ós responsables de Galiciaconfidencial.com que borrasen aquelas mensaxes que aparecen por duplicado.
En canto á prepotencia da U non fai falla entrar en detalles; se tanto e tan ben traballan polo país, farían ben en deixar de lado esta trosma de parásitos que corrompemos o seu prezado proxecto nacional.
De feito, anímo ós militantes da UPG a presentarse ás eleccións sen a pantalla do BNG, que xa sabemos ben o pouco que somos os demáis militantes ó seu lado. Seguro que as masas enardecidas entran en frenesí ante a posibilidade de votar a quen coida que o futuro do nacionalismo pasa por un sistema económico de planificación central. Gañaríades por goleada! Tembla Amancio Ortega, que estes van nacionalizar Zara!