Os críticos dan a batalla

A Asamblea Comarcal do BNG de Compostela deparou máis dunha sorpresa. Alí estaban todos os que tiñan que estar da Alternativa, o Encontro Irmandiño e o Movemento polas bases, pero faltaron moitos outros militantes; máis de 550 dun censo de 700...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 30/10/2006 | Actualizada ás 10:15

Comparte esta noticia

A intervención de Beiras, a diferencia do que aconteceu no Consello Nacional, foi moi dura, especialmente contra o informe de xestión. Tamén os camilistas e Movemento pola base foron moi críticos coa actual dirección.

Mesmo houbo críticas cruzadas entre os membros da UPG e os do Movemento pola base, antes integrantes nesta formación. O que deparou esta asamblea comarcal é que a U perdeu moito peso orgánico en Compostela tras esta excisión.

Esta reunión deixou claro, tamén, que a Alternativa, o Encontro Irmandiño e as Bases están dacordo na súa oposición as teses da actual dirección e, ademáis, son capaces de movilizar a toda a súa xente. Está por ver se son capaces de presentar lista conxunta e se os quintanistas e a UPG poden contrarestalos cunha movilización semellante na Asamblea Nacional de decembro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 54 comentarios

29 Lugués

Se a UPG é a única que fai cousas e as fai ben, non sei para que necesita pór a ningún outro. É máis, sería unha inxustiza que o pobo galego non coñecese os seus auténticos benefactores.

De todos modos, grazas por deixarnos existir, mentres dure.

E agora, falemos en serio.

28 Lugués

27 jklñ

O Bng sen a UPG non é nada.
A Beiras o puxo a upg e desfixose del cando deixou de ser necesario e todo o que a xente lembra de bo de beiras son cousas das que no fondo é responsable a unión do pobo galego. con quintana pasa o mesmo, a Upg o puxo ahi e o apartará cando sexa necesario, se non ao tempo.
O que realmente se esta facendo ben na xunta e o q está directamente relacionado coa UPG

A upg ten traballado moito polo BNG e todos estes criticos deberian dar gracias de poder seguir no BNG, se estivesen no Psoe xa os terian expulsado.

26 jklñ

25 asdf

Estou dacordo con estevo das estrivadad. aki o que hai é moita xente PPsoE que se fan pasar por xente cabreada da igual contra quen, o caso e montar gresca. Eu a metade non os leo e a outra metade partome de risa. don´t worry be happy