Os críticos dan a batalla

A Asamblea Comarcal do BNG de Compostela deparou máis dunha sorpresa. Alí estaban todos os que tiñan que estar da Alternativa, o Encontro Irmandiño e o Movemento polas bases, pero faltaron moitos outros militantes; máis de 550 dun censo de 700...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 30/10/2006 | Actualizada ás 10:15

Comparte esta noticia

A intervención de Beiras, a diferencia do que aconteceu no Consello Nacional, foi moi dura, especialmente contra o informe de xestión. Tamén os camilistas e Movemento pola base foron moi críticos coa actual dirección.

Mesmo houbo críticas cruzadas entre os membros da UPG e os do Movemento pola base, antes integrantes nesta formación. O que deparou esta asamblea comarcal é que a U perdeu moito peso orgánico en Compostela tras esta excisión.

Esta reunión deixou claro, tamén, que a Alternativa, o Encontro Irmandiño e as Bases están dacordo na súa oposición as teses da actual dirección e, ademáis, son capaces de movilizar a toda a súa xente. Está por ver se son capaces de presentar lista conxunta e se os quintanistas e a UPG poden contrarestalos cunha movilización semellante na Asamblea Nacional de decembro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 54 comentarios

24 Picheleiro

Por moito que se diga, o Movemento pola Base xa ten dito que fará unha candidatura propia para a asemblea de decembro. Pode haber coincidencias con outras correntes no voto nestas asembleas, como é lóxico, aínda que ás veces por motivacións diferentes. Dos votos en contra do informe de xestión a maioría, sen dúbida, eran de membros do Movemento pola Base.

A dirección está a meter tanto a pata que até se permitiu mandar a Jorquera a insultar á asemblea.

23 Lugués

Pois non, non aclarei as miñas dúbidas, que, con todo, dáme a impresión de que non son as que a vostede lle parecen.

Primeiro, "cos medios que hai agora" o resultado da asemblea de Santiago sóubose no mesmo día porque alguén mandou os datos inmediatamente; é doado deducir de que parte estaría ese alguén e por que o fixo. O certo é que non saíron datos de ningún outro lugar e será, tamén, porque ninguén os cursou que, se non, ben que habían saír.

Conste: a min non me parece mal, nin moito menos traizón ao BNG ou indiscreción, que tales datos se fagan públicos. Ora ben, ignorar a intención patente das cousas tampouco non é de recibo.

A votación era sobre o informe de xestión. En opoñerse a iso, en efecto, coinciden as tres "correntes" que se opoñen actualmente (non sei moi ben a que ou a quen); dubido que coincidan en moito máis, podería ser pintoresco unha lista para o Consello Nacional de EN e o MpB: con base en que elementos en positivo, máis alá de opoñerse?

Ao non haber noticias do resto (máis cás vaguidades aquí achegadas), posiblemente non haxa grandes resultados para os interesados en difundir tales noticias; interesados, aínda que só sexa, en acadar inxeccións de ánimo, necesidade e reacción que me parecen absolutamente lóxicas. A min ségueme interesando saber: que resultados houbo na comarca da Amada Traba?; que pasou no Salnés?; no Condado?; e na Mariña?; foi Alberte Xullo á asemblea de Lugo?

Polo demais, estou en absoluta discrepancia coa idea de que a UPG é o único serio no Bloque; con todo o que este, indubidable e historicamente, lle debe, parece que aquela perdeu forza e Quintana emerxe nidiamente, por moito receo que haxa na afiliación actual -minguada, á fin e ao cabo- do BNG. A asemblea é interesantísima.

22 alarico

Falas bem, estevo.....

21 para estevo

Estou ata o carallo de Estevo. Como na UPG sigades con esa arrogancia, esto vaise ao carallo. Sempre cos teus comentarios despectivos hacia o resto da militancia. A UPG sen o BNG dura 4 anos como moito, a UPG sen os independentes e devorada dentro da fronte.
Sempre igual...asi vos vai e asi nos vai.

20 Estevo das Estrivadas

O que non conta Perrachica é o resultado da votación sobre o informa de xestión na comarca de Compostela, INFORME que está sendo aprobado sen problemas nas Asembleas comarcais.
Moitos dos que escreben aqui no foro sonche socialistos camuflados de nacionalistas cabreados e porén, de ex-BNG resentidos.
A UPG é a única garantía para que o Nacionalismo maioritario da Galiza non se esnafre.