Os críticos dan a batalla

A Asamblea Comarcal do BNG de Compostela deparou máis dunha sorpresa. Alí estaban todos os que tiñan que estar da Alternativa, o Encontro Irmandiño e o Movemento polas bases, pero faltaron moitos outros militantes; máis de 550 dun censo de 700...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 30/10/2006 | Actualizada ás 10:15

Comparte esta noticia

A intervención de Beiras, a diferencia do que aconteceu no Consello Nacional, foi moi dura, especialmente contra o informe de xestión. Tamén os camilistas e Movemento pola base foron moi críticos coa actual dirección.

Mesmo houbo críticas cruzadas entre os membros da UPG e os do Movemento pola base, antes integrantes nesta formación. O que deparou esta asamblea comarcal é que a U perdeu moito peso orgánico en Compostela tras esta excisión.

Esta reunión deixou claro, tamén, que a Alternativa, o Encontro Irmandiño e as Bases están dacordo na súa oposición as teses da actual dirección e, ademáis, son capaces de movilizar a toda a súa xente. Está por ver se son capaces de presentar lista conxunta e se os quintanistas e a UPG poden contrarestalos cunha movilización semellante na Asamblea Nacional de decembro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 54 comentarios

19 MpB

A maioria dos críticos en Compostela eran do denominado "Movemento pola Base", ainda que coincidiron (conxunturalmente, supoño) nas críticas cos beiristas e camilistas, ante a deriva do BNG liderado por Quintana e a UPG.

18 Julicheiro

Lugués, recoñecerá vostede que non é extraño que se coñezan os datos ó dia seguinte, cos medios que hai hoxe en día.
Con respecto a se se tomou Compostela coma altavoz, penso que a súa relevancia foi algo que sobredimensionou a prensa. Nós estamos contentos, pero sabemos que o máis duro índa está por vir. Non hai triunfalismos; se cadra, algunha mostra de alegría por unha victoria que nos pilla desentrenados.
Polo que respecta á ausencia de Bascuas e Oca, deste último non teño nin idea, pero constame que Bascuas non puido acudir por motivos persoais; tampouco estiveron Ánxela Bugallo nin Encarna Otero, e non por iso creo que estean no Movemento pola Base.
No relativo ás demáis asambleas, só me comentaron o que pasou na Montaña, que triunfou a Alternativa, e en Vigo, que non tivo tanto éxito, pero non teño datos exactos de ningunha. Seguro que están na rede, coma tamén os están os de Compostela. Espero que, alomenos en parte, aclarase as súas dúbidas.

17 Lugués

Se cadra é puramente conxuntural ou debido a outros compromisos, pero, se cadra tamén, a ausencia do Bascuas e o Oca ten unha lectura diferente. Cónstame que en EN non todo o mundo está a prol da tal "Alternativa".

Por outra banda: estimaría coñecer datos do acontecido noutras asembleas; non por contos, senón por ir avaliando o creto ou apoio que se vai decantando. Persoalmenta paréceme que os "opositores" puideron tomar Santiago como altavoz; e o feito de que se difundan os datos de votación xa o mesmo día (dado que aparezan ao día seguinte en La Voz) así mo dá a entender.

Pódese/débese saber algo?

16 Julicheiro

Mira ti, tanto anos metendolle o medo no corpo á xente para que non se aparte da senda da U e agora resulta que as hordas se rebelan contra os seus señores. Será cousa de tanto reivindica-los Irmandiños?

15 Pandora

o QUIN DESDE QUE ANDA CON NEVEIRA NO COCHE OFICIAL CONXELOSELLE A NEURONA