Os críticos dan a batalla

A Asamblea Comarcal do BNG de Compostela deparou máis dunha sorpresa. Alí estaban todos os que tiñan que estar da Alternativa, o Encontro Irmandiño e o Movemento polas bases, pero faltaron moitos outros militantes; máis de 550 dun censo de 700...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 30/10/2006 | Actualizada ás 10:15

Comparte esta noticia

A intervención de Beiras, a diferencia do que aconteceu no Consello Nacional, foi moi dura, especialmente contra o informe de xestión. Tamén os camilistas e Movemento pola base foron moi críticos coa actual dirección.

Mesmo houbo críticas cruzadas entre os membros da UPG e os do Movemento pola base, antes integrantes nesta formación. O que deparou esta asamblea comarcal é que a U perdeu moito peso orgánico en Compostela tras esta excisión.

Esta reunión deixou claro, tamén, que a Alternativa, o Encontro Irmandiño e as Bases están dacordo na súa oposición as teses da actual dirección e, ademáis, son capaces de movilizar a toda a súa xente. Está por ver se son capaces de presentar lista conxunta e se os quintanistas e a UPG poden contrarestalos cunha movilización semellante na Asamblea Nacional de decembro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 54 comentarios

14 x

se a U se presenta e gaña, Quin ten un problema, e a U tamén. se se presenta e perde, a U ten un problemón, e Quin tamén vai ter moitos... é de supoñer que están negociando porque non é bo para ningun sector, e nas comarcas manteñen unidade absoluta entre ambos...

13 x

se a U se presenta e gaña, Quin ten un problema, e a U tamén. se se presenta e perde, a U ten un problemón, e Quin tamén vai ter moitos... é de supoñer que están negociando porque non é bo para ningun sector, e nas comarcas manteñen unidade absoluta entre ambos...

12 vargame

asdf a U se a día de hoxe se presenta soa, vai ao carallo. Si gaña a asemblea e por ir baixo a saia de quin

11 asdf

Que ganhe o melhor, e dicir, a U. Polo ben do BNG. Mira que hai piques. Cando entenderedes que que ninguén lle fai sombra a U porque fora dela non hai nada.

O que non entendo e como non vos cansades de sair derrotados. Mellor dito si que o entendo xa que o único que queredes é protagonismo persoal (Camilo,Beiras etc) que o unico que tenhen en comun é ir contra a UPG. Cal e o seu proxecto? ningun

10 asdf

Que ganhe o mellor, e dicir, a U. Si ou si. Xa me contaredes