Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/08/2016 | Actualizada ás 19:16
O empresario Epifanio Campo, vinculado ao sector cerámico galego, pero tamén ao financeiro --foi accionista do Banco Pastor--, faleceu este xoves.
De orixe leonés, Campo tivo vinculación co municipio pontevedrés de Sanxenxo, e de feito o Concello trasladou esta xornada as súas condolencias pola morte deste "insigne veciño de Vilalonga".
A Casa do Concello, en nome de toda a corporación e de todos os veciños de Sanxenxo, subliña o seu "agradecemento" pola "implicación permanente" de Epifanio Campo e a súa familia con todo o municipio.specialmente, refírese á súa implicación coa parroquia de Vilalonga, berce do seu grupo empresarial "e á que sempre se sentiu unido".
Biografía
Fillo maior do tamén empresario Epifanio Campo Núñez, en 1975 fíxose cargo do conglomerado de empresas cerámicas e mineiras que creara e impulsara o seu pai. A orixe desta actividade económica sitúase na extracción de arxila en Vilalonga, en Sanxenso, mais as empresas de Campo esténdense por todo o país.
Algunhas delas foron Nueva Cerámica Campo, de Sanxenxo, Campo Brick en Albixoi e Epifanio Campo en Lendo. Estas eran do sector cerámico, pero tamén participou en sectores de pretensados e bloques de formigón, inmobiliarias, piscifactoría ou viño. Mantivo intereses no sector mineiro. Entre outras, promoveu unha canteira na Serra do Xistral da que saíu parte da cuarcita usada na polémica cidade da Cultura. A canteira foi denunciada polos ecoloxistas e finalmente o resto da cuarcita tivo que vir do Brasil.
No pasado foi accionista minoritario de Banco Pastor, e un dos accionistas principais de Banco Gallego canda Caixanova, chegando a ter un capital do 10%[.
Foi socio do empresario Manuel Añón en diversos proxectos, entre eles tres empresas de siderurxia e fundición (Siderúrgica Añón, Hierros Añón Comercia e Acérie de l’Atlantique), que en 2007 lle venderon á siderúrxica catalá Celsa. En 2006 entrou no capital da sociedade Gaelsa, controlada por Manuel Jove e dedicada á explotación de enerxías renovables, da que se retirou a comezos de 2010.
En total, en 2009 tería entre 550 e 600 millóns de euros en capital, segundo calculara o diario El Mundo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.