Por Galicia Confidencial | Galicia | 17/06/2009 | Actualizada ás 13:52
Ante os informes negativos, Javier Martínez (presidente da Comisión) e Demetrio Fernández (impulsor do expediente) decidiron dar marcha atrás. Sen embargo, outros órganos máis conservadores da igrexa denuncian unha "campaña de intoxicación" por parte dos sectores progresistas. Así, o director de infocatólica, Luis Fernando Pérez, fala dunha "burda montaxe" e asegura que o expediente "sigue adiante".
Nos últimos días, Queiruga recibiu numerosos apoios de amplos sectores eclesiásticos, así como de intelectuais, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega, a USC e mesmo do cabildo compostelano.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.