A USC ascende na clasificación das 500 mellores universidades do mundo

A Universidade de Santiago sitúase no intervalo 301-400 do ránking Shangai no mundo e entre as nove mellores en España. A institución galega destaca en Matemáticas.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 24/08/2016 | Actualizada ás 11:31

Comparte esta noticia

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) repite presenza na clasificación das mellores 500 universidades do mundo Academic Ranking of World Universities (ARWU), que dende 2003 realiza a Universidade Jiao Tong de Shanghai e que comunmente é coñecida como ránking Shangai. Trátase, ademais, da única das tres universidades galegas presentes nesta clasificación, na que só aparecen doce institucións académicas de España. En concreto, a USC rexistra a súa mellor posición histórica ao situarse no intervalo 301-400 das mellores universidades do mundo.

Vista áerea do conxunto formado pola Reitoría da Universidade de Santiago de Compostela e o Colexio de Fonseca
Vista áerea do conxunto formado pola Reitoría da Universidade de Santiago de Compostela e o Colexio de Fonseca | Fonte: USC.

A USC comparte nivel (301-400) coa Autónoma de Barcelona, Complutense de Madrid, Pompeu Fabra e coas politécnicas de Cataluña e Valencia. Por diante destas sitúanse a Universidade de Barcelona (151-200) e Autónoma de Madrid e Granada (201-300). A participación española complétana País Vasco, Valencia e Rovira i Virgili. 

Spain Institution World Rank
1

University of Barcelona 151-200
2-3

Autonomous University of Madrid 201-300
2-3

University of Granada 201-300
4-9

Autonomous University of Barcelona 301-400
4-9

Complutense University of Madrid 301-400
4-9

Polytechnic University of Catalonia 301-400
4-9

Polytechnic University of Valencia 301-400
4-9

Pompeu Fabra University 301-400
4-9

University of Santiago Compostela 301-400
10-12

University of the Basque Country 401-500
10-12

University of Valencia 401-500
10-12

University Rovira i Virgili 401-500

Para a selección de universidades, ARWU considera todas aquelas universidades que contan entre o seu persoal con galardoados polos premio Nobel, Medallas Fields, investigadores altamente citados ou artigos publicados en Nature ou Science. Tamén se inclúen aquelas universidades cun número destacado de artigos científicos indexados polo Science Citation Index-Expanded (SCIE) ou no Social Science Citation Index (SSCI). En total cualificáronse máis de 1.200 universidades. 

E para a clasificación tómanse en consideración catro criterios: produción científica (20% da cualificación), calidade docente (20%), calidade da educación (10%) e rendemento institucional per capita (10%). A partir destes criterios os indicadores mellor valorados son o número de profesores dunha institución premiados polo Nobel ou as Medallas Fields e os investigadores con alto índice de citación (40% da nota final); artigos publicados en Sciencee Nature e os artigos indexados en Sciencia Citation Index – Expanded e Social Science Citation Index (40%); antigos alumnos da institución premiados nas convocatorias do Nobel ou Fields (10%) e o rendemento académico per cápita dunha institución (10%). 

SANTIAGO DESTACA EN MATEMÁTICAS

Ademais dos resultados globais, e segundo os datos da clasificación realizada en 2015, das 200 universidades máis destacadas na área de Ciencias Naturais e Matemáticas, Santiago é das catro españolas mellor posicionadas, a continuación da Autónoma de Madrid e Valencia e no mesmo rango que Barcelona. Para realizar esta clasificación, os indicadores cun maior peso na nota final (75% da cualificación) son os investigadores altamente citados nunha serie de ámbitos temáticos, os artigos indexados en Science Citation Index ou a porcentaxe dos artigos publicados nas revistas de maior impacto. 

No campo específico das Matemáticas a de Santiago sitúase entre as cen universidades máis destacadas do mundo segundo ARWU. Das españolas, consegue unha mellor posición a Autónoma de Madrid (51-75), seguida da USC e Politécnica de Valencia que se sitúan no intervalo 76-100.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta