Santiago de Compostela | 24/08/2016 | Actualizada ás 14:18 por EUROPA PRESS
O comercio exterior de Galicia en xuño rexistrou un saldo positivo de 151,99 millóns de euros (un 31,5% inferior ao superávit alcanzado no mesmo mes do ano anterior), con exportacións por valor de 1.633,54 millóns de euros e importacións por 1.481,55 millóns, segundo o informe mensual do Ministerio de Economía e Competitividade.
De xaneiro a xuño, o saldo tamén é positivo e elévase a 1.950,88 millóns, tras realizar a comunidade galega exportacións por un importe de 9.694,44 millóns e importar por unha contía de 7.743,57 millóns.
O sexto mes do ano, a exportación galega de mercadorías contabilizou 1.633,549 millóns de euros; o que supón un incremento moderado, do 1,37%, respecto ao valor alcanzado en igual período de 2015.
Este aumento é lixeiramente inferior á taxa de crecemento, do 2,14%, rexistrada pola exportación española, polo que Galicia reduciu lixeiramente o peso dentro desta (e sitúase no 7,20%), se ben se mantén como a sexta comunidade autónoma dentro da exportación estatal (por detrás de Cataluña, Comunidade Valenciana, Madrid, Andalucía e País Vasco).
Del valor total indicado da exportación galega, os produtos enerxéticos (91,16 millóns de euros, o 5,58% desta) rexistraron unha suba fortísima, do 66,74%. En cambio, o resto de mercadorías, é dicir, as non enerxéticas (1.542,39 millóns de euros e un peso del94,42%) caeron lixeiramente, o 0,93%.
A importación galega no mes de referencia rexistrou un valor de 1.481,55 millóns de euros, que implica un incremento nominal alto (do 6,63%) respecto a xuño de 2015.
Esta taxa de incremento interanual contrasta coa taxa decrecente, do 0,89%, rexistrada pola importación española; polo que, dentro desta, Galicia aumentou sensiblemente a súa achega, ata situarse no 6,16%, e así pasa a ocupar o quinto lugar na importación estatal (por detrás de Cataluña, Madrid, Comunidade Valenciana e Andalucía, pero por diante do País Vasco).
O valor dos produtos enerxéticos importados (158,68 millóns de euros, cunha incidencia do 10,71% na importación de Galicia realizada en xuño de 2016) supuxo un descenso interanual forte (do 18,04%). En cambio a importación non enerxética (por valor de 1.322,87 millóns de euros e un peso do 89,29%%) rexistrou unha taxa de crecemento alta, o 10,62%, respecto ao valor alcanzado un ano antes (en xuño de 2015).
SALDO COMERCIAL
Así as cousas, a balanza comercial de Galicia co estranxeiro contabilizou un saldo favorable de 151,99 millóns de euros en xuño de 2016 (222,00 millóns de euros de superávit un ano antes), e a taxa de cobertura sitúase no 110,26% (o 115,98% un ano antes, é dicir, en xuño de 2015).
Por unha parte, a balanza enerxética resultou deficitaria en 67,53 millóns de euros (138,93 millóns de euros de déficit un ano antes), e a taxa de cobertura situouse no 57,45% (28,24% en xuño de 2015). Por outra, contrariamente, a balanza non enerxética contabilizou un superávit de 219,52 millóns de euros (360,93 un ano antes) e unha taxa de cobertura do 116,59% (130,18% en xuño de 2015).
POR PROVINCIAS
O comercio exterior de Galicia, por provincias, presenta, como resgo estrutural, alta concentración en Pontevedra e A Coruña. Polo que respecta á exportación galega realizada en xuño de 2016, Pontevedra concentrou o 52,25% da mesma e A Coruña o 40,04%. As achegas de Ourense e Lugo limitáronse ao 4,22% e 3,49%.
En canto á evolución interanual, só a provincia de A Coruña mantivo un incremento positivo, ao marcar unha taxa de crecemento nominal alta (9,58%). Pola contra, sufriron un retroceso exportador as outras tres provincias galegas, maior no caso de Lugo (con taxa decrecente do 13,21%) e menos acusado en Ourense e Pontevedra (con taxas decrecentes respectivas do 5,98% e 2,52%).
Na importación de Galicia do mes analizado, Pontevedra tamén mantivo a maior incidencia, e superou tamén amplamente o 50% (en concreto, no 55,86%). Séguenlle A Coruña (37,69%) e, a longa distancia, Lugo e Ourense (con achegas do 3,59% e 2,86%, respectivamente).
A evolución interanual rexistrou unha taxa de incremento alta en Pontevedra (10,19%) e A Coruña (7,94%), e foi o aumento notable no caso da importación de Ourense (4,93%). En tendencia contraria, as importacións de Lugo caeron de xeito moi acusado (cunha taxa decrecente do 34,09%).
POR SECTORES
No mes de xuño de 2016 a análise da balanza comercial de Galicia co estranxeiro, analizada por sectores económicos, mostra que o superávit rexistrado (151,99 millóns de euros) se debe, especialmente, ao saldo altamente favorable que rexistrou a balanza comercial do sector de manufacturas de consumo (187,67 millóns de euros).
Tamén está causado, aínda que en menor medida, pola balanza do sector de bens de equipo (116,75 millóns de euros). Contribuíron, con menor incidencia e, case por igual os saldos positivos dos sectores de semimanufacturas (29,33 millóns de euros) e de materias primas (29,65 millóns de euros).
Así, puídose compensar amplamente o saldo deficitario que rexistraron as balanzas do sector do automóbil (cun déficit de 83,86 millóns de euros), do sector de alimentos (deficitaria en 68,04 millóns de euros) e do sector de produtos enerxéticos (con saldo negativo por valor de 67,53 millóns de euros).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.