O BNG de Santiago pide explicacións ao Goberno local pola modificación das liñas de transporte urbano

O BNG de Santiago pediu explicacións ao Goberno local pola modificación das liñas de autobuses urbanos. Así, reclamou a "celebración urxente" dun consello de administración de Tussa, a empresa municipal que xestiona o transporte público na capital galega.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/08/2016 | Actualizada ás 20:00 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O BNG de Santiago pediu explicacións ao Goberno local pola modificación das liñas de autobuses urbanos. Así, reclamou a "celebración urxente" dun consello de administración de Tussa, a empresa municipal que xestiona o transporte público na capital galega.

A través dun comunicado emitido este mércores, o voceiro nacionalista en Santiago, Rubén Cela, sinalou que os membros do devandito consello "non teñen documentación de algo tan substancial" como a reformulación das liñas de transporte urbano, unha cuestión que "afecta miles de persoas".

Polo tanto, Cela realizou unha "petición formal" para que se celebre este encontro, no que os nacionalistas aproveitarán para "recordar os asuntos pendentes que foron aprobados en Pleno a raíz de demandas veciñais e que aínda non se puxeron en práctica".

Así as cousas, engadiu que o BNG pode coincidir coa Corporación local na "simplificación do mapa de liñas" sempre que iso non signifique unha redución da "calidade do servizo" e supoña unha "mellora de frecuencias".

Cela pediu que a reformulación do sistema de transporte público debe contar "non só" co criterio de "técnicos especialistas e membros" do Goberno local, senón que tamén debe terse en conta a opinión de "usuarios e usuarias do transporte público".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta