Mosquera espera que as tensións internas do PSOE non afecten ao pacto de goberno da Deputación de Pontevedra

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera, trasladou este xoves a súa preocupación pola posible repercusión que as diferenzas no seo do PSOE polas listas para as eleccións galegas poidan afectar ao pacto de goberno entre en PSdeG e o BNG na administración provincial.

PONTEVEDRA | 25/08/2016 | Actualizada ás 15:39 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera, trasladou este xoves a súa preocupación pola posible repercusión que as diferenzas no seo do PSOE polas listas para as eleccións galegas poidan afectar ao pacto de goberno entre en PSdeG e o BNG na administración provincial.

No transcurso dun almorzo informativo celebrado este xoves en Pontevedra, Mosquera reiterou que "ata agora" o pacto de goberno na Deputación funciona "mellor do que era previsible". Así, destacou a sintonía no bipartito que, segundo asegurou, funciona "moito mellor" que os anteriores gobernos "monocolor" do PP na institución provincial.

A "única sombra" que pende sobre o goberno de coalición é, segundo Mosquera Lorenzo, a "tensión" entre o grupo socialista do Concello de Pontevedra e o provincial. O vicepresidente sinalou que xa advertiu hai medio ano da existencia desas discrepancias. "Está claro que esa tensión xa existía e hoxe aflorou moito máis ampliada a toda a provincia", engadiu. "É público e notorio", abundou.

"Agardo que eses problemas os saiban reconducir", declarou Mosquera tras insistir na súa "esperanza e tamén convencemento" de que non interfiran co pacto de goberno. "Espero que non afecten, como non o fixeron ata agora", sentenciou.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta