Feijóo lamenta que só un dos 42 detidos por incendios estea no cárcere e pide "compromiso" aos xuíces

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, lamentou este xoves que só unha das 42 persoas que foron detidas en relación cos incendios forestais en Galicia estea no cárcere. "Sorprende á Policía, á Garda Civil, ao Exército e ao Goberno", sostivo, antes de pedir "sensibilidade" á Fiscalía para facer a acusación "correspondente" e de requirir os xuíces "compromiso co medio".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/08/2016 | Actualizada ás 19:10 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, lamentou este xoves que só unha das 42 persoas que foron detidas en relación cos incendios forestais en Galicia estea no cárcere. "Sorprende á Policía, á Garda Civil, ao Exército e ao Goberno", sostivo, antes de pedir "sensibilidade" á Fiscalía para facer a acusación "correspondente" e de requirir os xuíces "compromiso co medio".

"É fundamental que non haxa persoas libres, simplemente coa obriga de comparecer de cando en vez no xulgado, cando temos máis que dúbidas atinadas da súa conduta incendiaria", reflexionou o mandatario autonómico, sen deixar de facer fincapé en que prender lume ao monte "é un delito, e os delitos teñen que ser perseguidos".

Máis alá do ámbito xudicial, centrado no policial, pediu "investigar todo o ano" para poder deter aquelas persoas que están a "queimar de forma continuada o monte".

Preguntado sobre a proposta do comisario xefe da Policía Autonómica, Silverio Blanco, quen, nunha entrevista concedida ao diario 'Faro de Vigo', formulou prohibir aos incendiarios achegarse ao monte, o presidente saudou "calquera medida" encamiñada a "evitar condutas reiteradas e reincidentes nas mesmas parroquias cada ano".

"Porque moitas veces hai unha sospeita de quen son as persoas que queiman, pero posteriormente non se traduce nunha actuación xudicial concreta e así é moi difícil poder traballar", queixouse, antes de poñer en valor que Galicia ten "un dos mellores sistemas de extinción de incendios de Europa" e animar a comparar a súa "eficiencia e efectividade" coa do persoal ao outro lado da fronteira con Portugal.

Tamén esgrimiu como proba dese bo papel que non houbese "danos persoais" durante a última onda de incendios. "Ás veces parece un milagre, dada a intencionalidade manifesta de queimar en ámbitos poboados", concluíu.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta