Rivais para o regreso a Europa

O Celta enfrontarase a Ajax de Amsterdam, Standard de Liexa e Panathinaikos na primeira fase da Europa League, co obxectivo de clasificarse entre os dous primeiros. “Competiremos e intentaremos vencer a todos”, asegura Berizzo, que ve un grupo “moi forte”.

Por gcdeportes | Vigo | 26/08/2016 | Actualizada ás 15:58

Comparte esta noticia

Ajax de Amsterdam, os belgas do Standard de Liexa e o Panathinaikos grego. Eses serán os rivais do Celta no seu regreso a Europa dez anos despois. O obxectivo dos celestes, a partir do 15 de setembro, será clasificarse entre os dous primeiros para estar na seguinte fase da competición da Europa League.

Berizzo, falando con Borja Oubiña, na cervexería Estrella Galicia.
Berizzo, falando con Borja Oubiña, na cervexería Estrella Galicia. | Fonte: @rccelta_oficial

O adestrador do Celta, Toto Berizzo, que viviu o sorteo na cervexería Estrella Galicia, novo patrocinador do Celta, valorou a dificultade do grupo G, o que lle tocou ao Celta: “Integramos un grupo muy fuerte. Nos prepararemos, disfrutaremos, competiremos e intentaremos vencer a todos. Ajax y Panathinaikos tienen mucha tradición en la Europa League, pero nosotros no seremos un rival fácil para nadie”.

Un grupo duro, segundo o técnico arxentino, aínda que o Celta evitou a outros rivais complicados como Manchester United, os italianos Roma, Fiorentina e Inter de Milán, ou o Schalke alemán, ademáis de viaxes longas como a San Petersburgo (Zenit).

Berizzo lembrou no Twitter oficial do club a súa etapa como futbolista, na que se enfrontou o Ajax na única participación celeste (2002-03) na Champions: 1-0 en Amsterdam con Berizzo no once e 3-2 en Balaídos, con goles de Milosevic, Vagner e Luccin de penalti, sen o arxentino. “Al ver al Ajax recordé cuando jugué contra ellos con el Celta. Grande europeo. Será un honor intentar vencerles”.

Xa estaba retirado o Toto Berizzo cando o Celta enfrontouse e eliminou o Standard de Liexa na Copa da UEFA 2006-07. En Bélxica gañaron os celestes 0-1 con gol de Gustavo López, e 3-0 en Balaídos con tantos de Fernando Baiano (2) e Canobbio.

Once do Celta no primeiro partido de Liga contra o Leganés.
Once do Celta no primeiro partido de Liga contra o Leganés. | Fonte: lfp.es

O presidente do Celta, Carlos Mouriño, presente no sorteo en Mónaco, tamén ve “un grupo complicado”, pero destacou que a participación en Europa para o Celta é “un premio” para a afección tralo sufrimento de anos aínda recentes.

Os rivais do Celta chegaron de diferente xeito á primeira fase da Europa League: o Ajax de Amsterdam, segundo na pasada Liga holandesa, quedou eliminado da Champions tras perder 4-1 co FC Rostov ruso; o Standard de Liexa acadou o pase tras vencer a campaña pasada a Copa belga e o Panathinaikos grego ven da previa tras eliminar o Broendby danés por un total de 4-1 na eliminatoria.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 OArquiveiro

Grupo forte, especialmente o Ajax, aínda así temos que ter esperanzas de dar unha boa imaxe en Europa. A ver se as fichaxes se amldan rápido ó equipo.