Por E.P. | PONTEVEDRA | 27/08/2016 | Actualizada ás 11:23
A familia e Iván Durán Valverde, de 30 anos, denunciou á Garda Civil a desaparición do mozo, residente en Baiona (Pontevedra) e do que non teñen noticias dende o xoves.
O entorno do desaparecido distribuíu nas últimas horas numerosos carteis coa fotografía do mozo para pedir a colaboración cidadá na súa localización. Tamén a Garda Civil e a plataforma SOS Desaparecidos sumáronse á difusión da súa imaxe a través da rede.
Iván Durán ten 30 anos, é moreno, mide 1,97 metros de estatura e ten complexión atlética.
A desaparición deste mozo súmase a outras dúas acontecidas nos últimos días en Galicia, a de Diana María Quer, da que non se sabe nada dende que na madrugada do luns participou nas festas de A Pobra; e a de Raquel Pérez, unha octoxenaria que padece principio de Alzehimer e que se ausentou este xoves dunha residencia xeriátrica de A Pobra de Trives (Ourense).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.