Temas: EMPRESA PORTUGAL

As empresas galegas desprázanse a Portugal por ser máis barato

Prezos do chan industrial máis económicos e a inexistencia de conflicto sindical axudan á emigración das compañías galegas.

Por Galicia Confidencial | Valença | 29/08/2016 | Actualizada ás 11:24

Comparte esta noticia

"Trabalho e terrenos baratos atraem milhões da Galiza". Deste xeito titulaba o Jornal de Notícias unha nova na que destaca a importancia que nos últimos tempos está tendo a presenza das empresas galegas no norte de Portugal.

Maqueta de como quedarán as obras do polígono de Minho Park, en Monçao (Portugal)
Maqueta de como quedarán as obras do polígono de Minho Park, en Monçao (Portugal)

Así, o xornal luso destaca que os prezos dos terreos e a "paz social", sen a existencia de conflictividade sindical da rexión norte, está "atraendo" aos empresarios galegos, principalmente, do sector do automóbil.

"Solo industrial ao preço da chuva ou a custo zero, mão de obra mais barata, processos de instalação desburocratizados e sindicatos menos agressivos. As empresas galegas descobriram que basta saltar a fronteira para encontrar nos parques industriais do Alto Minho uma realidade bem diferente da que enfrentam atualmente na Galiza, e para acelerar na competitividade", indica.

Unha industria que xira en torno aos novos modelos a construír por PSA-Citröen en Vigo e que aposta, con forza, polo territorio portugués para expandir a súa produción e mesmo deslocalizar no país veciño as súas unidades.

Temas: EMPRESA PORTUGAL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Libradenos deles por favor

Poden levar o nostrus e o Buffff para alá pero ben para abaixo para o Algarve? Eles tamén son moi baratos e aquí a verdade é que non hai quen os aguante.