Rescatados os catro tripulantes dunha embarcación accidentada en Moaña (Pontevedra)

Catro persoas foron rescatadas durante a noite deste domingo na localidade pontevedresa de Moaña despois de sufrir un accidente coa embarcación na que viaxaban, que colisionou contra unha batea.

PONTEVEDRA | 29/08/2016 | Actualizada ás 11:04 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Catro persoas foron rescatadas durante a noite deste domingo na localidade pontevedresa de Moaña despois de sufrir un accidente coa embarcación na que viaxaban, que colisionou contra unha batea.

Segundo a información da Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso aconteceu pasadas as 23,30 horas da noite, cando os tripulantes alertaron de que a embarcación quedara encaixada nunha batea.

Ata o lugar desprazáronse efectivos do servizo de Gardacostas, a Garda Civil e Protección Civil. Salvamento Marítimo enviou a zona á Salvamar Mirach, que se encargou de rescatar os catro tripulantes.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta