SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/08/2016 | Actualizada ás 18:12 por EUROPA PRESS
As cinco forzas políticas chamadas a participar no debate electoral da Compañía de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) confirmaron a asistencia dos candidatos a presidir a Xunta a este encontro, que será moderado por Marta Darriba e Kiko Novoa.
Segundo anunciou a entidade este martes a través dun comunicado, os directores e presentadores do espazo informativo da TVG 'Bos días' e o magazine da Radio Galega 'Galicia por Diante', Marta Darriba e Kiko Novoa, respectivamente, serán os moderadores do debate.
Como xa expuxeran, producirase o próximo luns 12 de setembro nos estudios da TVG en San Marcos (Santiago) e emitirase simultaneamente pola televisión e radio públicas en horario de máxima audiencia (as 21,30 horas).
A CRTVG anunciou que o PPdeG, o PSdeG, BNG, En Marea e Cidadáns confirmaron o seu interese en participar, tras o convite enviado o pasado xoves. Así mesmo, os representantes dos distintos partidos xa atopan en conversacións coa dirección do ente público para concretar os últimos detalles e para que todos participen en igualdade de tempos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.