Portomarín, Guntín, O Páramo e Paradela (Lugo) crearán unha agrupación comarcal de voluntarios de Protección Civil

Os municipios lucenses de Portomarín, Guntín, O Páramo e Paradela decidiron converter a asociación de voluntarios de Protección Civil do primeiro destes concellos nunha agrupación comarcal que dea servizo aos catro.

LUGO | 30/08/2016 | Actualizada ás 20:43 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Os municipios lucenses de Portomarín, Guntín, O Páramo e Paradela decidiron converter a asociación de voluntarios de Protección Civil do primeiro destes concellos nunha agrupación comarcal que dea servizo aos catro.

O director xeral de Emerxencias, Luis Menor, reuniuse este martes en Portomarín cos rexedores das catro localidades lucenses para coñecer como funciona a asociación de voluntarios e estudar a viabilidade do proxecto mancomunado, segundo indicou Vicepresidencia nun comunicado.

O Goberno galego valorou esta iniciativa, xa que permite un servizo que sería "inviable" levar a cabo dun modo individual por parte de cada municipio. Ademais, destacou que os peregrinos que transitan por estes concellos ao realizar o Camiño Francés tamén poderán gozar desta prestación.

Neste sentido, recordou que este proxecto camiña na liña do convenio asinado con sete agrupacións de voluntarios de municipios no Camiño de Santiago, entre as que se atopa Portomarín, a asociación da cal se rexistrou en 2012.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta