AGEe demanda á UE unha política agraria europea que "priorice o mercado interno" e "regule a produción"

A eurodeputada de AGE en Europa (AGEe), Lídia Senra, demandou á Unión Europea (UE) unha política agraria pública europea que "priorice o mercado interno" e "regule a produción e a compravenda" para rematar coa "vulnerabilidade" dos agricultores.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/08/2016 | Actualizada ás 17:16 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A eurodeputada de AGE en Europa (AGEe), Lídia Senra, demandou á Unión Europea (UE) unha política agraria pública europea que "priorice o mercado interno" e "regule a produción e a compravenda" para rematar coa "vulnerabilidade" dos agricultores.

Senra pronunciouse así na reunión da Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural do Parlamento Europeo, na que, segundo indicou AGEe nun comunicado, acusou o Parlamento, a Comisión e o Consello europeos de "deixar todo en mans dos mercados" e de "priorizar a exportación".

Así, incidiu nestas demandas fronte ás normas de competencia da UE que, na súa opinión, son un "instrumento" para "favorecer a gran distribución". Senra criticou a "gran distribución" que, ao seu modo de ver, permite que as grandes empresas poidan competir nos mercados "a custa de manter prezos miserables" e de "arruinar" os traballadores agrarios de "todo o mundo".

Ante esta situación, a eurodeputada apostou por unha negociación colectiva co obxectivo de fixar un prezo mínimo que "garanta unha renda digna" para os agricultores". Nesta liña, a voceiro de AGEe demandou á Comisión que retire as normas que "dificulten ou impidan a negociación colectiva" da política de competencia europea.

Así mesmo, esixiu que se "devolva o seu papel" ás organizacións agrarias co obxectivo de permitirlles "negociar os prezos" e evitar a promoción de novas organizacións de produtores "á medida", así como que se elimine a prohibición de establecer prezos mínimos.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta