A fusión de Cercedo e Cotobade avanza favorablemente tras o ditame da Comisión Galega de Delimitación Territorial

A Comisión Galega de Delimitación Territorial emitiu un informe favorable para o expediente de fusión dos municipios pontevedreses de Cercedo e Cotobade, indicando que considera que estarán en disposición de garantir unha prestación de servizos "máis eficaz e eficiente" sen diminuír a calidade da democracia local.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/08/2016 | Actualizada ás 17:52 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Comisión Galega de Delimitación Territorial emitiu un informe favorable para o expediente de fusión dos municipios pontevedreses de Cercedo e Cotobade, indicando que considera que estarán en disposición de garantir unha prestación de servizos "máis eficaz e eficiente" sen diminuír a calidade da democracia local.

Segundo trasladou a Xunta este mércores a través dun comunicado, o vicepresidente da Administración autonómica, Alfonso Rueda, presidiu a reunión na que se "deu un paso máis" cara á tramitación do proceso de fusión voluntaria destes Concellos.

Como último trámite, o expediente debe pasar ao Consello Consultivo para, máis tarde, ser aprobado por decreto no Consello da Xunta. Así mesmo, o Goberno galego recordou que seguirá apoiando a todos os municipios que inicien procesos voluntarios de integración.

Por outro lado, a Xunta destacou que para optar aos fondos de Cooperación Local para o 2016, dotados con máis de 2 millóns de euros dedicados na súa totalidade aos procesos de fusión municipal, é necesario que finalicen o proceso antes de outubro de 2016 ou ser resultantes dun proceso de fusión concluído nos cinco anos anteriores.

Neste sentido, sinalou que para esta fusión en concreto se destinarán máis de 1,6 millóns de euros se se culmina o proceso antes do 30 de outubro.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta