Temas: LUGO GAY

Lugo converterase na capital gay de Galicia esta fin de semana

O Orgullo LGTBI Lugay 2016 encherá de música e cores a Praza Maior de Lugo.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 08/09/2016 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Lugo acolle este sábado o Orgullo LGTBI Lugay 2016, un evento que reivindica os dereitos do colectivo de lesbianas; gays; bisexuais, transexuais e intersexuais. 

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade de Lugo, Ana González Abelleira, e o presidente da Asociación pola Liberdade Afectivo e Sexual da cidade de Lugo, colectivo ALAS, Marcos Fernández, na presentación do Lugay 2016
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade de Lugo, Ana González Abelleira, e o presidente da Asociación pola Liberdade Afectivo e Sexual da cidade de Lugo, colectivo ALAS, Marcos Fernández, na presentación do Lugay 2016

O Lugay 2016, que está organizado pola asociación ALAS, coa colaboración do Concello e a Deputación de Lugo, comezará coa lectura dun manifesto reivindicativo, seguido de diversas actuación musicais. Os artistas que participarán nesta celebración son La Prohibida, Asanzaa e Las Supremas. Todo dirixido por dous galegos mestres de cerimonias, como son Ramil e Dani Ríos, que tamén deleitarán aos asistentes coas súas voces.

A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, e o presidente da Asociación pola Liberdade Afectivo e Sexual da cidade de Lugo, colectivo ALAS, Marcos Fernández, presentaron este mércores no Salón de Plenos os actos conmemorativos deste acto que se celebrará o sábado 10 de setembro, a partires das 21:30 horas, na Praza Maior. 

Ana González Abelleira salientou que para o Concello “é un orgullo traballar por unha sociedade inclusiva dentro da diversidade, por iso colaboramos coa organización destas actividades, para ter unha cidade na que todos e todas teñamos cabida”.

Pola súa banda, Marcos Fernández agradeceu a colaboración con este evento, “que se celebra por terceiro ano consecutivo, para reivindicar os dereitos do colectivo LGTBI, ante a grave situación pola que está pasando e contando co apoio de toda a cidadanía de Lugo”.

Temas: LUGO GAY
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta