OPINIÓN.- Galicia ecuatorial

 Por Xurxo Ayán. Omar Bongo Ondimba, presidente de Gabón falecido de cancro en Barcelona hai escasos meses, sintetiza perfectamente o goberno despótico que roe a moitos países africanos. Advenedizo golpista no seu día, levaba corenta anos explotando o país coma unha leira da súa familia. O seu fillo preséntase ás eleccións nas filas do Partido Democrático de turno. Da mesma raza é o señor Obiang, o ditador que afirma, nun ataque de convincente sinceridade, que en Guinea Ecutorial no se tortura practicamente. Lamentable escena a protagonizada na ex-colonia polo ministro socialista dun goberno que presume de investimentos en cooperación internacional, mentres se baixa os pantalóns para abriren mercados aos empresarios españois aos que o déficit democrático de Obiang lles entra por un ouvido e lles sae polo outro...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 23/07/2009

Comparte esta noticia

None

A xente do partido galego que liderou Fraga Iribarne ten una certa querencia por África. Velaí temos o extrano caso do pazo de Tor (edificio do que xa nos fixeramos eco en Radiochopo falando de Nadiuska). Membros da fundación do pazo e máis o leader provincial seica marcharon en 2006 a Tanzania, África do Sur e Namibia a procurar experiencias de xestión cinexética e actuacións de fomento da biodiversidade que puidesen ser aplicadas á provincia de Lugo. Dende a Deputación sinalan que estas viaxes non deron ningún froito, non deron ningún tipo de resultado positivo e non semellan xustificados os gastos. Non me extraña, porque que eu saiba, leóns por terras luguesas só hai un, o León de Vilalba. Máis ca un Plan Leader isto foi todo un Plan do Leader. Tal como está o patio, podemos aclarar a voz e ir cantando aquilo de Yo soy aquel negrito, del África tropical… Combater non combatiremos a crise do agro galego, pero rir ríremonos un rato, fomentando a biodiversidade mentres se arruínan os nosos gandeiros e morre a Galicia rural, perdón, a Galicia ecuatorial.

Xurxo Ayán é arqueólogo e investigador do Laboratorio de Arqueoloxía da Paisaxe do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (CSIC).http://neixon.blogspot.com/

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA