PONTEVEDRA | 09/09/2016 | Actualizada ás 14:12 por EUROPA PRESS
O vicecónsul de Portugal en Vigo, Manuel Correia, enviou as súas condolencias a familiares e amigos dos falecidos e trasladou os "ánimos" a todos os feridos, agardando que as feridas se curen o antes posible.
"Espero que se recuperen rapidamente", manifestou, en declaracións a Europa Press, ao respecto do que dixo que, polo que ten constancia, a maioría dos feridos son de carácter "leve". Varios dos viaxeiros son lusos, ademais do maquinista, como ratificou.
Así mesmo, confirmou que cando se tivo coñecemento do sinistro de tren, o Consulado recibiu diversas chamadas vinculadas e tamén no gabinete de emerxencias consular.
Manuel Correia trasladouse tamén ao lugar do sinistro e mantense en contacto coas autoridades españolas e portuguesas para coñecer a evolución da información.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.