Arquitectura Sen Fronteiras presentará este xoves na Coruña un documental sobre o dereito a unha vivenda digna

A ONG galega Arquitectura Sen Fronteiras (ASF) presentará este xoves na Coruña 'O dereito a un techito', un documental rodado en Guatemala sobre o dereito a unha vivenda digna.

A CORUÑA | 15/09/2016 | Actualizada ás 08:07 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A ONG galega Arquitectura Sen Fronteiras (ASF) presentará este xoves na Coruña 'O dereito a un techito', un documental rodado en Guatemala sobre o dereito a unha vivenda digna.

A sede do Colexio de Arquitectos da Coruña acollerá este xoves ás 20,00 horas a proxección do documental que mostra o traballo de Arquitectura Sen Fronteiras en Guatemala durante os últimos 18 anos sobre o dereito a unha vivenda digna.

O pasado mes de novembro tres voluntarios da ONGD Agareso (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios) desprazáronse até a costa sur de Guatemala, onde traballa ASF, para rodar o documental 'O dereito a un techito'.

A gravación centra a súa atención "non só no traballo de ASF e os seus socios no país, senón no porqué desta situación, contextualizando unha realidade complexa, e apoiando a idea da vivenda non como unha mercadoría, senón como un dereito", segundo explica a entidade galega.

A peza, de 25 minutos, proxectarase este xoves 15 de setembro ás 20,00 horas na sede do Colexio de Arquitectos da Coruña. Tras a proxección terá lugar un coloquio con membros de ASF implicados no desenvolvemento do documental.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta