A Mesa entra en campaña pedindo un voto útil a prol da lingua

O colectivo normalizador presenta un vídeo no que vincula o retroceso da lingua coas medidas adoptadas pola Xunta do PP. Ademais, reclama a adopción de seis medidas concretas.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 15/09/2016 | Actualizada ás 14:14

Comparte esta noticia

A que se di a maior organización cultural do país, a Mesa pola Normalización, entra en campaña. Faino reclamando explícitamente o voto  “polas opcións políticas comprometidas coa reposición da lingua galega”.

Superpiñeiro e dous presentadores da RTP durante a filmación dun programa conxunto coa TVG en Ourense
Superpiñeiro e dous presentadores da RTP durante a filmación dun programa conxunto coa TVG en Ourense

O colectivo non cita a que partidos hai que votar, pero é evidente que non respalda ao PP, pois criticamente abertamente -como leva anos facendo- as súas políticas.  Así, lémbralles aos conservadores que o chamado decreto do plurilingüsimo “prohibe o galego nas matemáticas, nas ciencias ou na tecnoloxía; ou na administración pública onde está practicamente ausente de organismos como a Axencia Tributaria ou a Seguridade Social”.

Ademais, publicou este vídeo no que, datos en man, detalla o retroceso que está a sufrir a lingua propia:

O futuro do galego tamén depende do voto, argumenta a Mesa. O seu presidente Marcos Maceira declara que “os avances e o desenvolvemento social, económico, político e cultural non son posíbeis de costas á lingua propia”.

Marcos Maceira, presidente da Mesa
Marcos Maceira, presidente da Mesa | Fonte: irmandade.tv

A entidade social a favor do galego defende unha batería de 6 medidas concluídas extraidas do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado en 2004, na era Fraga, por unanimidade parlamentar. As iniciativas concretas pasan por “a recuperación do papel normalizador da CRTVG, un plan de choque para recuperar o galego no ensino, accións claras e concretas no ámbito das administracións públicas incluíndo xustiza e saúde, os transportes públicos, acordos para a recepción mutua  do sinal da Radio Televisión Portuguesa e a TVG, e o condicionamento das axudas públicas á utilización da lingua galega.”

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

4 Carliños

Pocos chiringuitos hay en Galicia tan repulsivos como el trincasubvenciones/premios/comisiones llamado la Mesa. Su único voto útil es su bolsillo.

3 Españolistas dades noxo

Ya está la silla pidiendo derechos para los gallegohablantes y no los castellanohablantes, que somos discriminados a diario en este estado <- hai xente que pensa isto de verdade? hai xente tan ridícula ou ausente da realidade neste país?

2 nostrus

Mientras la Mesa se preocupa por la situcion de la lengua, GB se preocupa por los derechos de las personas para que puedan usar con total libertad cualquiera de las lenguas oficiales en Galicia. Esa es la diferecia entre Galicia Bilingüe y la Mesa por la Imposicon Lingüistica, que se comporta como un movimiento ultracatolico para la buena situacion de la religion.

1 Unespañolengalicia

Tienes toda la razón del mundo. Los derechos de los que hablamos castellano se pisan diariamente por parte de la Junta de Galicia. Es dificil acudir a un centro/ oficina dependiente de esta administracion y que no te contesten en gallego.Ya sin ir mas lejos mira los profesionales del Sergas(medicos,enfermeros...)siempre hablando gallego. Yo lo entiendo si es un aldeano que a duras penas entiende el castellano, pero con los demás....hombre.

2 Unespañolengalicia

Ahora bien, a mi Feijoo no me engaña. Esto no es más que una artimaña de ultima hora para captar votos. El mio no lo tendrá.

3 teutonio

Pois nunca vin ningunha campaña de GB pra defender os dereitos dos galegofalantes cando foron atacados, e mira que a Mesa cada pouco tempo saca casos de discriminación bastante caralludos... de facto hai tempo no foro de GB preguntaran sobre isto e directamente dixeron que eles non ian actuar polos dereitos dos galegofalantes, que pra iso xa estaba a Mesa (magoa non ter a captura de pantalla)... igual estás equivocado e todo Nostrus.

1 Androide

Podedes falar com o deputado de En Marea Miguel Ángel Fernández Viejo: https://arepublicagz.wordpress.com/...

1 Comunista

Mentir, enganar, falsear. Así fai campaña a sipaiada do BnG a prol dos seus Amos do PPdG.