Temas: EN MAREA

En Marea pídelle aos seus militantes axuda para financiar a campaña

É a segunda vez nunha semana que a formación que lidera Luis Villares reclama axuda para a campaña electoral.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 20/09/2016 | Actualizada ás 10:13

Comparte esta noticia

En Marea acaba de pedirlle aos seus militantes un último esforzo para axudar na campaña electoral. Un último esforzo que se traduce en axudas económicas para afrontar os gastos do 25S. “Quedan catro días de campaña, estamos na semana decisiva, e para garantir a nosa independencia, precisamos da forza da xente. En Marea non é nada sen as persoas que están detras, non é nada sen ti. Somos moitas as que queremos un cambio en Galicia, pero para conseguilo temos que comezar a crer na remontada”, apunta nun comunicado interno ao que tivo acceso GC.

Asistentes a Asemblea de En Marea do 15 de maio
Asistentes a Asemblea de En Marea do 15 de maio | Fonte: En Marea

Por iso, pídelle aos seus militantes achegas mínimas de 300 euros e máximas de 6.000 euros. Unhas axudas que, indican, serán devoltas cando remate a campaña. Neste sentido, mesmo apunta á posibilidade de subscribir un microcrédito que, suliña, será devolto “íntegramente” en canto reciban a subvención correspondente aos resultados das eleccións.

“Se queres, e se podes, pregamos a túa axuda no financiamento da nosa campaña, unha campaña modesta, da xente para a xente”, indica. Para realizar estas axudas anima a acudir á web https://achegas.enmarea.gal/microcreditos-persoais/

Este é o segundo chamado á militancia nunha semana para que colabore económicamente. O primeiro foi o pasado 13 de setembro. E nesa carta, a formación destacaba que o seu obxectivo era “modesto”, acadar os 50.000 euros, “unha pequena parte do que os outros partidos se gastan en encher as farolas e as paradas de bus de rostros pétreos”, indicaba nunha comunicación interna.

“A ilusión non ten prezo, nin a honestidade, nin o compromiso. Pero os carteis si, e as fotocopias, e as peaxes que hai que pagar para moverse por esta Galicia orfa de transporte público. Precisamos da túa axuda para que a marea medre nestes días, para que o noso programa chegue a toda a xente asfixiada polas políticas antisociais do PP. Precisámoste para facer deste un país xusto”. Engadía.

Non é a primeira vez que os partidos piden  a axudas dos seus militantes. De feito, o BNG teno feito nas últimas eleccións para afrontar tamén os cuantiosos gastos das campañas. Tamén o PSdeG ten pedido axuda aos seus militantes para que boten unha man.

Temas: EN MAREA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

10 Loisin

No BNG págase cota extra de 10€ durante 6 meses (60€ total). Nin de broma se piden eses cartos. E se estás no paro ou precario, non pagas nada. Habería que saber como é a base militante da Marea... Porque para dar/prestar ata 6.000€ xa teñen que sobrarche billetes. Non concorda co que queren transmitir

9 Comunista

"Para garantir a nosa independencia, precisamos da forza da xente". Independencia económica para non deber nada a ninguén e facer politica sen ataduras. Non o pode dicir o BnG, que é unha organización condicionada polos seus pufos coa banca española. Por iso os seus trolls andan tan rabiosos con esta camapña de autofinanciación.

1 Ana

Autoproclamado "Comunista", non desesperes, o BNG non conta. Se queres rir, vai ao Sermos de hoxe e lé o perfil de Ana Pontón a encantadora salvadora, nin unha tacha... Non, non tod@s somos troles, e menos troles do BNG. O teu desamor ou odio polo BNG revela que antes amáchelos moito, demasiado seguramente. Agora ben, tampouco somos inocentes. E as Mareas están moi emporcadas, levades dous telexornais e cada día aparecen impresentables liderando e vivindo da política. Cando te atrevas, falamos da Pam, do falanxista, do cretino, da que tapa pederastas, do que abraza á galegófoba, da candidata que se nega a falar en galego... Atrévete, non sexas covarde! Nin cómplice!

2 Autoxestión

Choví Chová xa che dixeron que xa ten pago case toda a debeda. Paga si non coma a IU que lla condona a banca.

8 Ana

Axuda ás Mareas? Que lles axude Planeta, mafia ultranacionalista española saida das estafas dos vendedores de enciclopedias contraria ao soberanismo catalán e das demais nacións, propagandista de Podemos cunha man (La Sexta) e do Partido Podre coas outras (Antena 3 e La Razón de Marhuenda). Que aporte o deputado figura, Fernán Vello, defensor das 'vieiras furtivas' da Toñi Vicenti con Beiras, e que agora vota e abraza á galegófoba Marta Rivera de la Cruz de Ciudadanos. Que ingrese moedas a trepadora Pam, insultadora deputada do clan de Errejón, e tamén Toné. Ou o falanxista de Lugo que asesora á cabeza de lista por Pontevedra, Carmén Santos. Ou a que encobre pederastas, Yolanda Díaz, expulsando aos que o denuncian. Ou o cretino Rubén Pérez, pois ao final as Mareas 'cretinizaronse'. En fin, nin aporto nin voto. Abstención ante tanto farsante mareados!

1 cachiñosdesielo

Di a verdade ti votas a Pontón que é a que mais se parese a Quintana

7 Sesese

Pero que cara mais dura teñen os políticos. Isto e a nova politica? Pedir cartos para a sua chupandaina? Ide a tomar polo ......

6 Sarto

Moitos "intelectuais" din que Fernán Vello tinha que votar a Marta Rivera de la Cruz xa que era unha estratexia xeral onde sí a votaron de ERC e outros. Para nada estou dacordo con isto. Fernán Vello conhecía a marta por serem de Lugo como él. Os outros non. Aparte de que están "noutra guerra" moito máis intensa e sin pelos na língua. Fernán Vello mirou de esguelho aos demais e votou a prol dela. Non mirou para sí mesmo, como tinha que ter feito. Fernán Vello para mín és un traidor e un covarde. Escúdaste " na estratexia de partidos" e non nos teus pensamentos. Covarde. Nin máis nin menos. Un covarde.

1 Sarto

Serem covarde non é un delicto. Moitos somos covardes. Ás veces, sin saber ben o por qué, todos somos valentes. Pero fuches un covarde nesa ocasión. E moito ademáis. Non só defraudaches a uns cantos electores (poucos, este país non da para máis). O pior de todo é que te defraudaches a tí mesmo.