Temas: FUXIDAS

Actividades para coñecer a vendima

O Consorcio Turístico da Ribeira Sacra organiza xornadas divulgativas e prácticas para coñecer o proceso da elaboración do viño.

Por GC Tendencias | Monforte de Lemos | 22/09/2016 | Actualizada ás 13:55

Comparte esta noticia

Dado o éxito de edicións anteriores, o Consorcio promove o “viñobús”, unha viaxe interactiva onde adultos e nenos aprenden de onde proceden as uvas, como se coidan e como se transforman de forma natural.

Tempada da vendima
Tempada da vendima

Os participantes desta experiencia darán un paseo polas pendentes viñas que caracterizan a Ribeira Sacra, escoitarán as explicacións sobre as partes da vide, as formas das follas, variedades de uva, importancia do solo e da climatoloxía… Un percorrido divulgativo que rematará coa experiencia de vendimar.

Nas bodegas que se visiten un enólogo explicará o proceso de elaboración do viño actual e realizaranse catas de mostos e viños para descubrir os distintos aromas, sabores e texturas que deixa a uva.  Para rematar, os participantes poden pisar a uva como se facía antigamente e elaborar o mosto que se introducirá nas cubas onde se realizará a fermentación. Como agasallo final recibirán nas súas casas unha botella de viño novo cando estea xa listo para comercializar.

Estas xornadas terán lugar os días 24 e 25 de setembro e 1,2,8 e 9 de outubro.

Cepa mencía. Foto: Marga Méndez
Cepa mencía. Foto: Marga Méndez
Viñedos na Ribeira Sacra
Viñedos na Ribeira Sacra | Fonte: Guido Álvarez
Temas: FUXIDAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta