A CORUÑA | 22/09/2016 | Actualizada ás 16:29 por EUROPA PRESS
O BNG suspendeu o mitin previsto para a tarde deste xoves na localidade coruñesa de Sada e o resto de actos en sinal de solidariedade e afecto coa familia, amizades e tripulación do barco do mariñeiro falecido de madrugada.
Así mesmo, expresou todo o afecto da organización á comunidade mariñeira da vila coruñesa, consternada pola perda deste traballador e veciño, de 26 anos, que faleceu ao caer ao mar.
O mozo caeu ao mar cando se atopaban faenando nas costas coruñesas e permaneceu na auga durante uns cinco minutos ata que os seus compañeiros conseguiron traelo a bordo de novo, pero non conseguiron reanimalo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.