Rogan colaboración para atopar a moza con discapacidade desaparecida

María, de 25 anos, foi vista por última vez onte na Pobra do Caramiñal, a mesma localidade onde desapareceu Diana Quer.

Por Galicia Confidencial | A Pobra | 24/09/2016 | Actualizada ás 17:51

Comparte esta noticia

A Asociación Amicos, que atende a máis dun cento de persoas con discapacidade da comarca do Barbanza, faise eco nas súas redes sociais da desaparición dunha moza con discapacidade psíquica na Pobra. A familia de María Sánchez Ríos denunciou a súa ausencia ante a Guardia Civil.

Un dos carteis que está a distribuír a familia coa foto da desaparecida na Pobra
Un dos carteis que está a distribuír a familia coa foto da desaparecida na Pobra

Segundo a información facilitada pola familia, a moza de 25 anos foi vista por última vez na zona do Lagar, na Pobra do Caramiñal, onte venres sobre as 15:20 horas. María vestía cazadora vaqueira azul, pantalón vaqueiro azul e zapatillas de deporte multicolor.

Rógase a persoas que teñan algún indicio sobre María que se poñan en contacto co cuartel da Guardia Civil en Boiro, onde se presentou a denuncia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta