Temas: DESAPARECIDO

Aparece en bo estado a moza desaparecida este venres na Pobra

A súa ausencia fora denunciada pola familia. A Asociaicón Amicos, que atende a persoas con discapacidade, fíxose eco nas súas redes sociais desta desaparición.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/09/2016 | Actualizada ás 20:24

Comparte esta noticia

A moza desaparecida este venres no municipio coruñés da Pobra (A Coruña) foi localizada este sábado en bo estado, tal e como informaron fontes da Garda Civil, que indicaron que estaba ben de saúde cando foi achada.

Un dos carteis que está a distribuír a familia coa foto da desaparecida na Pobra
Un dos carteis que está a distribuír a familia coa foto da desaparecida na Pobra

En concreto, a moza abandonara o domicilio voluntariamente, sendo maior de idade e non estando incapacitada legalmente.

María, de 25 anos, foi vista por última vez o venres na Pobra do Caramiñal, a mesma localidade onde desapareceu Diana Quer.

A Asociación Amicos, que atende a máis dun cento de persoas con discapacidade da comarca do Barbanza, fíxose eco nas súas redes sociais da desaparición desta moza. A familia de María Sánchez Ríos denunciou a súa ausencia ante a Guardia Civil.

Temas: DESAPARECIDO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta