Detidas dúas persoas veciñas de Carballo (A Coruña) por un delito de furto e receptación de xoias

Axentes da Guardia Civil do Posto Principal de Carballo (A Coruña) detiveron na mañá do venres día 23 a dúas veciñas da citada localidade coruñesa pola presunta comisión dun delito de furto e outro de receptación de xoias, respectivamente.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/09/2016 | Actualizada ás 16:49 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Axentes da Guardia Civil do Posto Principal de Carballo (A Coruña) detiveron na mañá do venres día 23 a dúas veciñas da citada localidade coruñesa pola presunta comisión dun delito de furto e outro de receptación de xoias, respectivamente.

Segundo informou o Instituto Armado, as persoas detidas supostamente subtraeran xoias dun domicilio particular para, posteriormente, vendelas en establecementos de compra e venda de ouro.

Da investigación realizada pola Guardia Civil, segundo relatan as mesmas fontes, "dedúcese responsabilidade destas dúas persoas, pois unha apropiábase de xoias dunha vivenda onde traballaba e, posteriormente, llas vendía á segunda persoa en cuestión que, á súa vez, as revendía nun comercio de compra-venda de ouro".

O valor das xoias subtraídas sitúase aproximadamente en 13.000 euros. Estes efectos foron recuperados e entregados á súa lexítima propietaria. Destes feitos instruíronse dilixencias que foron remitidas ao xulgado de garda de Carballo.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta