CC.OO. esixe a apertura dunha investigación "seria" polas mortes de dous mariñeiros en accidentes laborais

O sector de Mar de Comisións Obreiras (CC.OO.) esixiu a apertura dunha investigación "seria" polas mortes de dous mariñeiros en accidentes laborais na costa galega nos últimos días.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/09/2016 | Actualizada ás 14:34 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O sector de Mar de Comisións Obreiras (CC.OO.) esixiu a apertura dunha investigación "seria" polas mortes de dous mariñeiros en accidentes laborais na costa galega nos últimos días.

Segundo recorda nun comunicado, o primeiro dos accidentes produciuse na madrugada do 23 de setembro, cando un tripulante dun cerquero de Sada (A Coruña) morreu tras engancharse co aparello e caer ao mar. Posteriormente, un mariñeiro faleceu o 27 de setembro nun arrastreiro en Corme ao recibir un forte golpe.

Por iso, o sindicato reclama adoptar medidas para "poñer freo a esta epidemia", posto que "xa son demasiadas as mortes accidentais que se están a producir no mar", "sen que as investigacións oficiais sirvan para reducir a súa incidencia, nin para que se apliquen melloras substanciais nas condicións de traballo".

De tal forma, demanda as autoridades políticas, xudiciais e empresariais que a investigación das mortes "sexa áxil, profesional e concluínte", de maneira que "se poñan negro sobre branco as causas da enorme cantidades de mortes" nos barcos e as costas".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta